Unha axuda no Camiño. Exposición sobre San Xosemaría no Camiño de Santiago

Durante os meses de verán, tivo lugar en Palas de Rei, na provincia de Lugo. A exposición formulouse como unha axuda ao peregrino, para afondar no sentido espiritual do Camiño de Santiago, da man da mensaxe da chamada universal á santidade que se desprende da vida e ensinanzas de san Xosemaría.

San Xosemaría gañou o xubileu en Santiago de Compostela en xullo do Ano Santo de 1938 co desexo, expresado nunha carta escrita ese mesmo ano, "de que este xubileo xacobeo me limpe e me acenda a alma". O fundador do Opus Dei rezou ante a tumba do Apóstolo en varias ocasións máis; a última en 1961.

Durante os meses de verán a Exposición sobre San Xosemaría 'Vida, mensaxe e herdanza',', en Palas de Rei, unha localidade do Camiño de Santiago, foi visitada por uns 2000 peregrinos de máis de 30 países e case todas as provincias españolas.

Os peregrinos chegaban sós ou acompañados de familiares, amigos ou grupos. Ían a pé, a cabalo, en bici, ... Querían dar grazas ao Apóstolo por favores recibidos, pensar ou buscar solucións á súa vida, facer o Camiño por ser ano Xubilar ou por outros motivos deportivos, culturais, etc. Tamén algúns veciños de Palas de Rei se achegaron para coñecer a mostra, entre eles o Alcalde da localidade, que quixo asistir á inauguración.

A exposición formulouse como unha axuda ao peregrino, para afondar no sentido espiritual do Camiño de Santiago, da man da mensaxe da chamada universal á santidade que se desprende da vida e ensinanzas de san Josemaría. Á vez proporcionouse información sobre o modo de gañar as grazas do xubileu.

Moitos visitantes viron a reportaxe audiovisual  'Vivir o Opus Dei'. Un ruso de Siberia, que facía unha reportaxe sobre o Camiño de Santiago comentou ao final da proxección que fora pensando sobre esas ideas de San Xosemaría mentres camiñaba.

Un peregrino keniano que estuda en Strathmore College, manifestou o seu agradecemento polo ben que esa escola fai no seu país. Algúns peregrinos comentaron como lles axudou o libro 'Camiño'  que lían fai tempo; outros comprárono alí. As tarxetas con datos sobre a páxina web do Opus Dei resultaron útiles para moitas persoas, que querían máis información no seu idioma.

Centos de peregrinos ían escribindo no libro de sinaturas as súas impresións. Un rapaz de Madrid deixou esta mensaxe: "Veño ao Camiño de Santiago a sufrir, a pasar calor, a compartir cos meus compañeiros do Camiño e sobre todo a atopar a Deus. Sufrirei no Camiño pero superarei a adversidade. Pago a miña penitencia. Ánimo a todos". Unha andaluza escribiu: "Unha alegría no Camiño, atopar coa Obra e San Xosemaría,... grazas por reatoparme con Deus mediante o Opus Dei". Outra persoa, do País Vasco, vía a exposición "como un sopro de aire fresco no cansazo do camiño, que che levanta o ánimo para rematar dun xeito máis sobrenatural".

No ano xubilar de 2004 inaugurouse, á entrada de Santiago polo Camiño Francés, un altorrelieve de San Xosemaría no monumento conmemorativo de peregrinos ilustres:

Porta Itineris