Cooperadores

Sen pertencer ao Opus Dei, pódese cooperar de diverso xeito no labor apostólico que realiza a Prelatura.

Cooperadores do Opus Dei

Os cooperadores do Opus Dei son homes e mulleres que, sen pertencer á Prelatura, axudan na realización de actividades educativas, asistenciais, de promoción cultural e social, etc., xunto aos fieis do Opus Dei.

Os cooperadores poden colaborar nesas iniciativas principalmente coa súa oración, e tamén co seu traballo ou coa axuda económica.

Reciben os bens espirituais concedidos pola Igrexa a quen colaboran co Opus Dei: os cooperadores poden lucrar algunhas indulxencias, nunhas determinadas datas do ano, observando as condicións establecidas pola Igrexa e renovando, por devoción, as súas obrigas como cooperadores.

Da Prelatura do Opus Dei reciben, ademais, a axuda espiritual da oración de todos os fieis e a posibilidade de participar, se o desexan, en retiros, círculos, ou noutros medios de formación.

Para ser cooperador non se require unha vocación específica. Polo xeral, os cooperadores proveñen de parentes, amigos, colegas e veciños dos fieis do Opus Dei, ou ben de quen teñen devoción a san Xosemaría, participan nos apostolados da prelatura, ou se interesan pola tarefa de promoción humana e social que se desenvolve a través das iniciativas apostólicas dos fieis do Opus Dei.

O vicario do prelado en cada país nomea cooperador ou cooperadora a unha persoa, a proposta dun fiel do Opus Dei.

Entre os cooperadores do Opus Dei hai católicos, cristiáns doutras confesións, e crentes doutras relixións. Poden ser cooperadores tamén homes e mulleres non crentes ou que non profesan ningunha relixión. Únelles o desexo de participar e colaborar nas variadas iniciativas promovidas en beneficio da sociedade, que están abertas a todos.

Os cooperadores que o desexan participan nos medios de formación que proporciona a Prelatura do Opus Dei. Esta formación estimúlalles a afundir na súa vida espiritual, a amar con obras ao Papa e aos bispos e a dar, persoalmente, sen formar grupo, unha testemuña consecuente coa súa vocación cristiá.

Moitas persoas descubren nestes medios de formación a posibilidade de practicar e difundir no seu propio ambiente un dos rasgos fundamentais do espíritu do Opus Dei: a santificación do traballo ordinario e dos deberes familiares e sociais.

Tamén as comunidades relixiosas poden ser nomeadas cooperadoras do Opus Dei. Estas comunidades —arredor de 500, actualmente— cooperan coa súa oración cotiá polo labor da prelatura..