Persoas do Opus Dei

Dos 87.000 membros, o 98% son laicos, homes e mulleres, e a maioría, casados. O 2% restante son cregos.

Persoas do Opus Dei

LAICOS E CREGOS

O Opus Dei está constituído por un prelado, un presbiterio ou clero propio, e por laicos, tanto mulleres como homes. No Opus Dei non existen distintas categorías de membros. Existen simplemente modos diversos de vivir a mesma vocación cristiá segundo as circunstancias persoais de cada un: solteiros ou casados, sans ou doentes,etc.

A maioría dos fieis do Opus Dei (actualmente, arredor do 70%) son os membros supernumerarios: trátase polo xeral de homes ou mulleres casados, para quen a santificación dos deberes familiares forma parte primordial da súa vida cristiá.

O resto dos fieis da prelatura son homes ou mulleres que se comprometen a vivir o celibato, por motivos apostólicos. Os agregados viven coas súas familias, ou onde lles resulte máis conveniente por razóns profesionais.

Os numerarios ordinariamente viven en centros do Opus Dei, porque as circunstancias permítenlles permanecer plenamente dispoñibles para atender os labores apostólicos e a formación dos demais fieis da prelatura. As numerarias auxiliares adícanse principalmente á atención dos traballos domésticos das sedes dos centros da prelatura, como a súa actividade profesional ordinaria.

Os cregos da prelatura proveñen dos fieis laicos do Opus Dei: numerarios e agregados que, libremente dispostos a ser cregos e despois de anos de pertenza á prelatura e de realizar os estudos previos ao sacerdocio, son invitados polo prelado a recibir as sagradas ordes. O seu labor sacerdotal desenvólvese principalmente ao servizo dos fieis da prelatura e das actividades apostólicas promovidas por eles.

AMBIENTE DE FAMILIA

Unha característica da fisonomía do Opus Dei é o ambiente de familia cristiá. Ese tono familiar está presente en todas as actividades que organiza a prelatura. Materialízase tamén na calor de fogar dos seus centros, na sinxeleza e confianza no trato, e nas actitudes de servizo, comprensión e delicadeza na vida cotiá que se procuran vivir sempre.

ALGÚNS DATOS

Forman parte da prelatura máis de 87.000 persoas, das que en torno a 1.900 son cregos. Do total de fieis, arredor da metade son mulleres e a metade homes. A distribución por continentes é, aproximadamente, a seguinte:

África: 1.800

Asia e Oceanía: 4.800

América: 29.400

Europa: 49.000