Unha axuda no Camiño

Dende o 7 de xullo, os peregrinos do Camiño de Santiago, a 54 Km. da meta pola ruta francesa, atópanse cunha singular axuda no camiño, anunciada en varios carteis. Trátase da exposición Vida, Mensaxe e Herdanza de San Xosemaría Escrivá de Balaguer, colocada no polígono da Madanela, na localidade de Furelos.

Tres peregrinas á entrada da exposición

A exposición, instalada por iniciativa de D. Javier Carballo, párroco de Furelos, consta de paneis e vídeos coa voz e a imaxe de San Xosemaría. Está concebida como unha axuda ao peregrino para reforzar o senso espiritual do Camiño de Santiago e dar a coñecer a mensaxe do Fundador do Opus Dei, que peregrinou por primeira vez a Santiago de Compostela en xullo do ano santo 1938 e visitou a tumba do Apóstolo en outras ocasións, a derradeira en xullo de 1961.

Ao longo destas semanas, son xa varios os miles de peregrinos que visitaron a exposición, á que tamén acuden moitos habitantes dos alrededores. A realidade está a demostrar que, a pesar de que a mostra abre as súas portas a partir das 8 da mañá e ten previsto o seu peche ás 6 do serán, a afluencia de peregrinos fai difícil cumprir co horario establecido...

É incríble —dicía un señor de mediana idade dunha parroquia veciña—. Vin o cartel que falaba dun santo, pero como aquí non hai ningunha igrexa... non me podía imaxinar que esta nave acollera algo tan interesante para todos os católicos... ¡É marabilloso, qué ben fala, qué ben se lle entende todo a este santo!

O libro de firmas está callado de peregrinos de orixe diversa, e nalguns casos remotos, como Robin e Marta que veñen de Alaska; outros proveñen de Sicilia, como Salvatore; Suzana de Brasil, Colette do departamento francés Haute-Garonne; e tampouco faltan camiñantes de Suiza, Alemaña, Suecia, Porto Rico, Bélxica, Filipinas... Uns deixaron constancia da axuda recibida no libro de firmas, outros manifestan a súa ledicia por atopar a San Xosemaría no seu camiño e tampouco faltan os que entran simplemente a saudar.

Unha foto, xunto a San Xosemaría

Un dos voluntarios que atende as consultas dos visitantes, narra cómo ás veces non resulta fácil a comunicación, como no caso duns noivos, él de Gambia e ela alemana: Acadamos entendernos en inglés e coa axuda do reverso da estampa de san Xosemaría. El é musulmán, agora está coñecendo o cristianismo e pensa que, en definitiva, o importante é buscar e facer en todo momento a vontade de Deus. Leváronse estampas e a información sobre o xubileo. Tamén deixou constancia da súa visita no libro de firmas cun amplo parágrafo escrito en árabe.

Un grupo de seminaristas fixo un alto no camiño. Un deles escribe: Que o Apóstolo e San Xosemaría me acompañen na viaxe a Santiago de Compostela e que estean os dous unidos nos meus catro anos de seminario que me quedan ¡Viva o santo Pai!

Karina, outra peregrina procedente de México que visitou a exposición con duas amigas, deixou o seu testemuño escrito, despois de agradecer a hospitalidade e os ánimos recibidos: rematei a miña carreira universitaria vivindo nunha residencia do Opus Dei e quixera deixar constancia do meu profundo agradecemento e cariño á Obra, pois axudoume a buscar e atopar a Cristo. Agora fago este camiño para aprender a amar a Cristo e sei que as súas oracións acompáñanme. Grazas.

Os días próximos ao 25 de xullo a afluencia de visitantes multiplicouse e tamén o traballo dos voluntarios que atenden a exposición. Así o contaban: a pesar de que somos dez persoas, nas dúas horas e media que levamos aquí esta mañá non tivemos nin un minuto de respiro porque entra xente sen parar: uns voluntarios selan a Compostela, algúns escriben, outros botan unha ollada... Tamén resolvemos alguns problemas e facemos curas cando se tercia. Uns rapaces observan atentamente os vídeos, veñen con D. Javier Santos, vicario da parroquia de San Xosemaría de Valencia, que nos comentou que só o feito de ver os paneis é unha gran axuda para o peregrino. Así consta no libro: Somos un grupo de mozos da parroquia de San Xosemaría Escrivá de Valencia e atopamos no camiño, emocionados, esta marabillosa exposición de San Xosemaría. En hora boa! Que Deus vos bendiga por esta maravillosa iniciativa que tantísimo ben fai a moitos, entre eles a nós. 16 de xullo de 2004, Virxe do Carme. Javier Santos, vicario parroquia San Xosemaría.

Outros peregrinos anónimos expresan a súa sorpresa, emoción e agradecemento no libro de firmas, do que transcribimos algunhas testemuñas:

Un equipo de guías axudan aos peregrinos.

- San Xosemaría ¡sempre por medio do camiño! como os bos pais pendentes dos fillos. Que esta peregrinación axude a cada un a camiñar ao paso que Deus espera...

- Os sinais de Deus sempre están diante dos nosos ollos, só fai falta abrilos.

- Grazas a San Xosemaría e a esta exposición; sen axuda o camiño costa e merece a pena chegar. - Que no camiño da vida sempre podamos atopar “referencias” como ésta, que nos centran.

- Moitas grazas polo bo rato que pasei xunto a vos e a vosa ledicia e polo que me iluminou esta exposición.

- ¡Moitas grazas por este alento no camiño que empurra para a vida!

- Pareceume cousa do destino atoparme no camiño precisamente coa exposición sobre este home. Vin pedir a Santiago saúde para a miña familia (...) Espero que Santiago e San Xosemaría nos escoiten. Grazas.

- Reencontro o camiño da miña xuventude (...). Emocionado e agradecido.

Son mostras sinxelas pero elocuentes de que polo corazón do peregrino de Santiago, dende hai séculos, seguen pasando moitas cousas. É o toque de Deus.