A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz

Os cregos diocesáns poden incorporarse á Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, intrinsecamente unida á Prelatura do Opus Dei.

A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz
Opus Dei - A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz está composta polos cregos da prelatura e por outros presbíteros e diáconos diocesáns.

A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz é unha asociación de clérigos, intrinsecamente unida á Prelatura, á que actualmente pertencen uns 4.000 socios. Está composta polos cregos da prelatura e por outros presbíteros e diáconos diocesáns. O prelado do Opus Dei é o presidente da sociedade.

Os clérigos diocesáns que se adscriben á Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz buscan recibir axuda espiritual para acadar a santidade no exercicio do seu ministerio, segundo o espíritu do Opus Dei.

A súa adscrición á Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz non leva consigo a incorporación ao presbiterio da prelatura: cada un sigue incardinado na súa propia diócese e depende só do seu bispo, e só a el da conta do seu labor pastoral.

A autoridade da Igrexa, en diferentes documentos  -por exemplo en varios textos do Concilio Vaticano II e no Código de Dereito Canónico- recomendou este tipo de asociacións sacerdotais.

Para que un crego sexa admitido na Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz ha ter conciencia de ter recibido unha chamada de Deus a buscar a santidade segundo o espíritu do Opus Dei.

Isto comporta algunhas condicións: amor á diócese e unión con tódolos membros do presbiterio diocesán; obediencia e veneración ao propio bispo; piedade, estudo da ciencia sagrada, celo polas almas e espíritu de sacrificio; esforzo en promover vocacións; afán por cumprir coa máxima perfeción os encargos ministeriais.

A axuda espiritual que proporciona a asociación diríxese a estimular nos socios a fidelidade no desempeño dos seus deberes sacerdotais, así como a fomentar a unión de cada un co seu propio bispo e a fraternidade cos demáis cregos.

Os medios de formación específicos que reciben os cregos diocesáns da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz son análogos aos que reciben os fieis laicos da prelatura: clases doctrinais ou ascéticas, retiros mensuais, etc. Ademais, cada un procúrase persoalmente os medios comúns de formación prescritos para os cregos polo dereito da Igrexa e os mandados ou recomendados polo propio bispo.

As actividades espirituais e formativas dos socios da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz non interfiren co ministerio confiado polo seu bispo.