Velorio e funeral de Mons. Xavier Echevarría

Os restos mortais do prelado serán trasladados esta mañá a Santa María de la Paz, igrexa prelaticia do Opus Dei. O funeral será o xoves 15 de decembro ás 19.00 na basílica de san Eugenio.

Do Opus Dei
Opus Dei - Velorio e funeral de Mons. Xavier Echevarría

Os restos mortais do prelado serán trasladados esta mañá a Santa María de la Paz, igrexa prelaticia do Opus Dei, situada en Viale Bruno Buozzi, nº 75 (Roma).

Os fieis que o desexen poderán velar ao prelado a partir das 12.30 de hoxe.

A MISA DE FUNERAL POLO ETERNO DESCANSO DE XAVIER ECHEVARRÍA TERÁ LUGAR O vindeiro xoves 15 DE DECEMBRO

Até agora, Mons. Echevarría permaneceu na capela do hospital "Campus Bio-Medico", á que acudiron numerosas persoas durante toda a noite. Esta mañá trasladarase o corpo desde o centro médico á igrexa prelaticia.

A misa de funeral polo eterno descanso de Xavier Echevarría terá lugar o vindeiro xoves 15 de decembro ás 19.00 na basílica de San Eugenio (viale delle Belle Arti, 10, 00196 Roma)