Terceira obra de Josemaría Escrivá editada en galego

Follas Novas Edicións sacou á venda Santo Rosario en galego

Araceli Filgueira, tradutora

Tras Camiño (1968 e 1991) e Vía Crucis (2006) editados por Edicións Rialp, é agora a Libraría Follas Novas/Follas Novas Edicións de Santiago de Compostela a que sacou á venda Santo Rosario en galego.

O tamaño do libro é de 16,50 cm por 12 cm e ten 86 páxinas. A tradución foi realizada por Araceli Filgueira Igrexas (Lugo, 1939). Filgueira conta cunha dilatada experiencia na redacción de libros para estudo do galego e na dirección de bibliotecas. A obra leva na portada un debuxo de Castelao da Virxe do Portal que se conserva no Museo de Pontevedra. Os distintos misterios do Rosario e as Ladaíñas van precedidos por fotografías de imaxes ou cadros de igrexas das catro provincias galegas, como A Resurreción da catedral de Lugo ou A Coroación dá Virxe da Ribeira Sacra.

San Josemaría escribiu o libro unha mañá de decembro de 1931, despois de celebrar a Eucaristía. Tiña entón 29 anos. Antes de cada un dos misterios, o autor ofrece unhas reflexións, que facilitan ao lector a contemplación persoal das escenas. Publicouse por primeira vez en 1934. Até 2013, publicáronse máis de cen edicións de Santo Rosario e foi traducido a 25 idiomas. Haiversións en gujerati (India), quechua (zona andina de América do Sur), swahili (África oriental) outagalog (Filipinas).

Como é sabido, Escrivá estivo en Galicia en diversas ocasións. A primeira delas foi para gañar o Xubileu do Ano Santo de 1938. A última, en 1961 para entrevistarse en Vigo con D. Leopoldo Eijo e Garay, entón Bispo de Madrid e para asistir a un encontro con universitarios no Colexio Maior La Estila de Santiago.