Presentación do libro "Santo Rosario" traducido ao galego

Máis dun centenar de persoas asistiron ao acto de presentación en Lugo

O mércoles 30 de outubro ás 20.00 h. tivo lugar na Aula Sociocultural Novacaixagalicia de Lugo (Praza Santa María s/n) o acto de presentación da edición en galego de “ Santo Rosario ”, de san Josemaría Escrivá, fundador do Opus Dei, editado por Follas Novas. No acto interviron:

-  D. Luciano Armas. Deán da Catedral. TraduciuVía Crucis ”.

-  Araceli Filgueira. Autora da tradución.

-  Rafael Silva. Editor de Follas Novas.

Tras Camiño (1968 e 1991) e Vía Crucis (2006) editados por Edicións Rialp , é agora a Librería-Editorial Follas Novas/Follas Novas Edicións de Santiago de Compostela a que editou Santo Rosario en galego.

O tamaño do libro é de 16,50 cm. por 12 cm. e ten 86 páxinas. A tradución foi realizada por Araceli Filgueira Igrexas (Lugo, 1939). Filgueira conta cunha dilatada experiencia na redacción de libros para estudo do galego e na dirección de bibliotecas. A obra leva na portada un debuxo de Castelao da Virxe do Portal que se conserva no Museo de Pontevedra. Os distintos misterios do Rosario e as Ladaíñas van precedidos por fotografías de imaxes ou cadros de igrexas das catro provincias galegas, como A Resurreción da catedral de Lugo ou A Coroación dá Virxe da Ribeira Sacra.

San Josemaría escribiu o libro unha mañá de decembro de 1931, despois de celebrar a Eucaristía. Tiña entón 29 anos. Antes de cada un dos misterios, o autor ofrece unhas reflexións, que facilitan ao lector a contemplación persoal das escenas. Publicouse por primeira vez en 1934. Até 2013, publicáronse máis de cen edicións de Santo Rosario e foi traducido a 25 idiomas. Hai versións en gujerati (India), quechua (zona andina de América do Sur), swahili (África oriental) ou tagalog (Filipinas).

Como é sabido, Escrivá estivo en Galicia en diversas ocasións. A primeira delas foi para gañar o Xubileu do Ano Santo de 1938. A última, en 1961 para entrevistarse en Vigo con D. Leopoldo Eijo e Garay, entón Bispo de Madrid e para asistir a un encontro con universitarios no Colexio Maior La Estila de Santiago.