Polos, froitas e verduras. Mercedes no mercado de abastos

Como outros moitos días, veño ao mercado de abastos de Santiago dende o meu pobo, para vender produtos da horta. Adóitome colocar no mesmo sitio, dende hai anos, e rezo cada día para vender todo o que traio.

En primeira persoa

Como outros moitos días, veño ao mercado de abastos de Santiago dende o meu pobo, para vender produtos da horta. Adóitome colocar no mesmo sitio, dende hai anos, e rezo cada día para vender todo o que traio. Pasamos bastante frío ás veces; outras mollámonos, pois o noso posto está na rúa e en Santiago chove moito. Ás veces penso que así podo ofrecer algo polos meus clientes e por tantas persoas que teñen necesidades.

Algúns días eu mesma me sorprendo do volume de vendas. Fai pouco traxe 22 ducias de ovos camperos e ás 11 xa non tiña ningún. As miñas compañeiras non vendían tanto, e preguntábanme que facía para conseguilo. ¿Será polo que recei, pensei?. Procuro tamén ser amable e servizal coa xente que vén a comprar. Algunhas cóntanme os seus problemas familiares, e recoméndolles que recen, que teñan paciencia, e non perdan a esperanza. Eu tamén as encomendo, a elas e a unha froitaría que vexo vende pouco, e procuro animar a persoas que pasan pola nosa rúa, ás que vexo tristes e sen recursos.

Teño que dicir que traballar e rezar, rezar e traballar á vez, non é algo que eu soubese facer dende sempre. Todo comezou cun sacerdote do meu pobo que me presentou a unhas mulleres de Valencia do Opus Dei cando eu era novo. Necesitaban rapazas para levar a administración dun Colexio Maior, e pensei que era unha boa oportunidade. A verdade é que aprendín a levar unha casa con profesionalidade e, de paso, tamén aprendín a querer máis a Deus. ¡ Nunca esquecín eses anos en Valencia, que me axudaron tanto!. Admirábame sobre todo ver como coidaban as cousas que facían referencia ao Señor, na capela.

 

Ao cabo duns anos, volvín ao meu pobo, casei e tiven dúas fillas. Unha delas traballou tamén na Administración do Colexio Maior A Estila, ata pouco antes de casar. Pareceume que así recibiría unha boa educación, mentres aprendía a traballar.

Seguín participando en actividades de formación e co tempo comecei a cooperar, cos recursos que puiden, para sacar adiante algunhas iniciativas sociais que a Obra promovía en diversos lugares. Máis adiante descubrín a miña vocación de supernumeraria, e iso foi unha nova etapa na miña vida. Eu era a mesma e non era a mesma. Facía o mesmo, pero máis alegre, máis consciente do meu compromiso cristián, e con moitas ganas de axudar a todo o mundo...

Agora estou viúva e as miñas fillas son maiores. Sigo coidando a horta e levo os meus produtos ao mercado tres días á semana. Tamén axudo na parroquia do pobo: agora aplico alí o que aprendín en Valencia, e mentres preparo as cousas para o Señor aproveito e cóntolle cousas, e rezo pola miña familia e a xente do pobo. Dende que as miñas fillas fixeron a primeira Comuñón, empecei a dar catequese. É algo que me gusta moito, e procuro prepararme ben, con esforzo. As familias agradéceno. Rezo a diario polo meu marido, que era un home de fe. Recordo que se vía que algún día non ía a Misa me dicía: "¿E logo, hoxe non vas a Misa? ".

Tamén acudo habitualmente a San Josemaría para moitas necesidades e a verdade é que me axuda en bastantes cousas que lle pido (vender no mercado, que a xente atope a Deus,...). Tiven a sorte de ir a Roma á Canonización, cando aínda non era da Obra, coas da administración de A Estila, e alegroume ver alí tantas persoas de distintas razas e países. Deixáronme un libro para ler, de San Xosemaría, e dende entón repásoo con frecuencia.

"Máis adiante descubrín a miña vocación de supernumeraria, e iso foi unha nova etapa na miña vida. Eu era a mesma e non era a mesma. Facía o mesmo, pero máis alegre, máis consciente do meu compromiso cristián, e con moitas ganas de axudar a todo o mundo..

Procuro aproveitar o tempo, pois hai que facer moitas cousas. Unha amiga dicíame o outro día, en broma, ao verme andar lixeira: "Mercedes, non vas ter tempo nin para morrer", pero a verdade é que, coa axuda de Deus, hai tempo para todo. Eu mesma me sorprendo de chegar a tantas cousas, aínda que ás veces con esforzo. Este ano xubilar procurei ir con algunhas persoas gañar o xubileu, pois é unha sorte especial vivir preto de Santiago. Ver tantos peregrinos que chegan aquí é unha alegría grande, e dende o meu posto no mercado, pido tamén por eles, para que descubran canto os quere Deus e reciban as grazas do ano xacobeo....

  • Mercedes Iglesias