“Via Crucis xa se pode ler en galego. Onte, na Fundación Caixa Galicia, da Rúa do Vilar, presentouse a 25ª edición desta obra escrita por San Xosémaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei. E se fixo como novidade, traducida ao galego.
No acto estiveron presentes Ángel Gómez Iglesias, catedrático de Dereito Romano na Universidade de Santiago, Luciano Armas, o crego que fixo a tradución, e María Luisa López, actualmente patrona da Fundación Rosalía de Castro. Faltou á cita, porén, o arzobispo de Compostela, monseñor Julián Barrio.
Monseñor Barrio tivo que anular a súa participación pola morte dun familiar, o que lle obrigou a trasladarse ao seu pobo natal, Manganeses de la Polvorosa, na provincia de Zamora.
Via Crucis publicouse por primeira vez en 1981, e inclúe os comentarios que fixo o santo Escrivá sobre as catorce estacións do camiño de Xesús ao Calvario.”