O novo website dedicado ao fundador do Opus Dei permite coñecer mellor a súa vida e a súa mensaxe de buscar a Cristo nas actividades da vida cotiá. Ofrécese en 8 idiomas diferentes.
No www.josemariaescriva.info o contido estrutúrase en seis seccións principais: a vida e ensinanzas de san Xosemaría, testemuñas, iniciativas educativas e sociais nacidas baixo o seu impulso e inspiradas pola súa predicación, documentación, multimedia e noticias de actualidade.
Unha "línea do tempo" multimedia permite seguir a súa vida, no contexto histórico, a través de fotografías, video clips, gráficos e textos.
A páxina principal renóvase con noticias recibidas de todo o mundo e con testemuñas dos que reciben favores recibidos pola súa intercesión, se achegaron á fe e descubriron a alegría da vida cristiá grazas a san Xosemaría.
Recóllense tamén manifestacións da devoción universal a san Xosemaría, reflectida en dedicacións de rúas, templos, capelas e outras iniciativas, e abundante documentación, tamén de carácter histórico. Na sección Multimedia poden atopar vídeos temáticos, e testemuñas e filmacións de encontros co fundador do Opus Dei.
Periodicamente recóllense entrevistas a persoas que coñeceron a san Xosemaría persoalmente, estudosos das súas ensinanzas ou protagonistas de iniciativas desenvolvidas coa axuda do fundador do Opus Dei.
"Liña do tempo" biográfica sobre San X osemaría .
Entre os elementos máis valorados polos lectores está a sección, que "Tal día coma hoxe" recolle cada día un recordo de san Xosemaría sobre esta data. Ou, "Para os máis xoves" que inclúe debuxos, anécdotas e oracións para nenos.
Dende a parte inferior da páxina principal, os usuarios poden inscribirse á páxina e recibir automaticamente as principais novidades na súa conta de correo electrónico.