Hospilandia. 10 anos levando alegría a nenos hospitalizados

Hospilandia é unha iniciativa, nacida hai dez anos, que se leva a cabo en varios hospitais da Seguridade Social de Galicia.

Iniciativas sociais

Protagonizada por estudantes universitarios e de bacharelato, consiste en organizar semanalmente -ao longo de todo o curso- unha gymkhana de xogos e probas dirixida aos nenos hospitalizados e os seus acompañantes.

Esta idea naceu no Hospital Materno Infantil de A Coruña. Foi Emilio Vázquez, quen puxo os alicerces de Hospilandia naquel hospital, cando traballaba no Club Xuvenil Rueiro. Dende 1998, centos de socios de Rueiro pasaron nestes anos polo Hospital Materno-Infantil para acompañar, xogar e dar alegría aos nenos alí ingresados.

Javier Milán, outro dos que frecuentou aquel hospital dende os comezos de Hospilandia, trasladouse pouco despois a Santiago de Compostela, ao Colexio Maior Universitario A Estila -como Rueiro, un labor educativo promovido por persoas do Opus Dei-, e pensou que esta idea tamén podía funcionar no Hospital Clínico Universitario de Santiago, un grande centro sanitario que posúe toda unha planta de pediatría, cunha prestixiosa unidade de oncoloxía infantil. E así foi.

Dende entón, Hospilandia lévase a cabo en ambos os dous hospitais. Ao longo destes tres anos, a idea foi cada vez máis aceptada entre os universitarios que viven ou frecuentan A Estila, e curso a curso foi crecendo o número de voluntarios que compartiron o seu tempo cos nenos enfermos. A estas alturas, son máis do centenar os estudantes universitarios que participaron neste proxecto.

O ano pasado, e tamén en Santiago, voluntarios do Club Xuvenil Senra decidiron sumarse a esta iniciativa solidaria e comprometéronse a acudir outro día da semana ao Hospital Clínico Universitario durante todo o curso, acompañados dos socios de maior idade desta entidade, que cursan o Bacharelato.

Cando preguntamos polas orixes desta iniciativa, Javier cóntanos: "Cando levas anos sacando adiante un Club Xuvenil ou un Colexio Maior e te formulas que facer para axudar aos demais e que os teus amigos sexan máis xenerosos, van xurdindo moitas actividades de solidariedade e entón nacen os Campos de traballo -en Polonia, Cuba e Guatemala-, os Programas de alfabetización de xitanos, a Operación Compostela -na que pintamos casas de familias sen recursos-, os Sábados Solidarios -onde visitamos Colexios de nenos deficientes mentais- ou a Campaña Ningún Neno sen Reis, que leva xa case quince anos funcionando. Buscabamos algo útil, sinxelo e comprometedor á vez. A resposta a encontramos nas ensinanzas de san Xosemaría, o fundador do Opus Dei: -Neno. -Enfermo. -Ao escribir estas palabras, ¿non sentides a tentación de poñelas con maiúscula? É que, para unha alma namorada, os nenos e os enfermos son Él" (cfr. Camiño, nº 419).

"Entón -segue contando Javier- reunímonos uns cantos e puxémonos a discorrer e a achegar ideas: Hai que pensar algo para os nenos hospitalizados... Algo distinto onde todos participen: nenos, nenas, irmáns, irmás, pais, nais, ¡ ata os abuelos!… E intentar que tamén se involucren médicos, enfermeiras, auxiliares,... Temos que idear uns xogos de equipo de destreza, velocidade, habilidade,... Unhas probas con sentido do humor... E música: ¡ hai que facerlles cantar!… Un concurso que teña tensión... Ao final foi perfilándose o que hoxe é Hospilandia: un modo de facer pasar un anaco divertido aos nenos e ás súas familias, que ás veces levan moitos días no hospital, superando o sentido do ridículo que todos levamos dentro, para que todos os demais o pasen ben". 

Á parte das visitas semanais, as actividades realizadas ao longo destes anos por Hos-pilandia foron moi variadas: festas de Nadal, festival de karaoke, concerto de panxoliñas, representacións teatrais, ... Aínda que sempre dirixidas principalmente aos máis pequenos, en todos os casos se sumaron tamén outros pacientes, familiares, persoal médico e de enfermaría, que colaboran moi activamente para facer que os máis pequenos gocen ao máximo e esquezan por unhas horas a súa estanza no hospital.

Merece especial mención a colaboración e a implicación nesta iniciativa do persoal sani-tario e docente dos dous hospitais. No caso de A Coruña, foron varias enfermeiras do Servizo de Pediatría do Hospital Materno-Infantil as que auspiciaron a idea dende o principio. En Santiago, Hospilandia non sería realidade sen o apoio incondicional da directora da Escola Infantil do Hospital Clínico, Ruth Gómez, que dende o principio mostrou todo o apoio aos voluntarios. Grazas a ela e baixo a súa supervisión lévase a cabo o calendario de actividades.

No presente curso académico, entre as dúas cidades, son máis de cen os novos voluntarios implicados de distintas maneiras, que atenden unha media mensual de 120 rapaces e 180 acompañantes. Xa hai interese noutras cidades de Galicia por importar este proxecto.