Agustín Gándara na Asociación Tambre de Pontevedra

"Se aos mozos fórmaselles na cultura do todo fácil e sen esforzo, arruínaselles a vida"

Do Opus Dei

A Asociación Xuvenil Tambre de Pontevedra , sita en Arcebispo Malvar número 7, acolleu o sábado día 25 de febreiro ás 18:00 horas unha conferencia a cargo de Agustín Gándara, avogado de Vigo e doutor en Filosofía do Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Baixo o título "Familia e economía", nesta charla-coloquio abordáronse cuestións como a formación que deben inculcar os pais aos seus fillos para que teñan un correcto valor do diñeiro, do aforro, do traballo e a valorar o esforzo. Recollemos a entrevista de Carlos García para a Edición de Pontevedra do "Faro de Vigo".

- Sempre escoitamos aos maiores dicir aos mozos que eles non saben o que son os tempos difíciles, cando non había tanta dispoñibilidade de diñeiro e había que traballar duro, ¿é certo que os mozos non valoran 10 suficiente o diñeiro ou o esforzo?

- É complicado dicilo, porque o tempo pasa moi rápido e esta última xeración xa viviu épocas de diñeiro fácil, como foi a primeira fase da década do 2000, e agora levamos xa catro anos de verdadeiras complicacións no uso do diñeiro. Por tanto, creo que imos ter unha xeración moi contraditoria neste sentido.

- ¿Cales son os "trucos" que deben empregar os pais para que os mozos valoren na súa xusta medida o traballo, o diñeiro ou o esforzo?

- Non se trata de trucos senón simplemente de formar aos mozos en valores e fundamentalmente en virtudes. O que eu creo é que hai tres virtudes fundamentais agora mesmo que son a esperanza, a fortaleza e o amor, isto último no sentido de dar gratis, entregar máis do que se espera de nos.

- ¿Cre que os mozos actualmente valoran na súa xusta medida o esforzo e o traballo ou o diñeiro?

- Aqueles a os que se lles está formando nunha cultura do esforzo sí ,a quen se lles dá todo fácil e sen esforzo é coma se estivéseslles dando unha droga, arruínaslles a vida.

- ¿Que é o que espera transmitir na conferencia que imparte hoxe en Pontevedra?

- Sobre todo un par de ideas que a min me parecen moi importantes. O primeiro é aprenderlle aos fillos a mirar o ordinario cada día cun sorriso amable e, segundo, a dar máis por menos.

- Hoxe en día é case imposible dar sen esperar algo a cambio ...

- Isto é algo que cada vez está máis metido na familia cando antes o habitual era dar sen recibir nada. Non temos este concepto de doazón e a isto creo que temos que darlle unha volta na familia.

- A valores como o traballo, o esforzo, o aforro ou ao propio diñeiro dámoslle máis importancia agora que estamos en crise, pero non sería bo que tampouco nos esquecésemos deles en épocas de bonanza económica ...

- Sí, claro. Nestes momentos, un dos problemas que ten esta sociedade é que puxemos o diñeiro no lugar de Deus, por explicalo dunha forma gráfica. Se temos desvirtuada a verdadeira posición das cousas non nos daremos conta de que o diñeiro non é máis que un instrumento de cambio ou de medida. do valor das cousas que se compran ou se venden. A economía é un aspecto básico pero hai cousas moito máis importantes para o home.

- ¿Con que idea sairán as persoas que acudan hoxe a súa conferencia?

- Con varias, pero eu espero que sobre todo queden cunha que é a valoración. Saber que cando a un ser humano valóraselle positivamente fáiselle un gran favor, porque esa persoa procura estar á altura da súa valoración. Isto quere dicir que é tan importante ter unha boa opinión dun mesmo como transmitir as boas valoracións que facemos dos demais
  • Carlos García, "Faro de Vigo", Ed. de Pontevedra