Actividades formativas para o verán

A Fundación Montecelo impulsa actividades culturais e de lecer entre a mocidade galega. Entre outros os tradicionais campamentos de verán en Galicia, os famosos Campamentos Montecelo (La Coruña)

Do Opus Dei

A Fundación Montecelo impulsa actividades culturais e de lecer entre a mocidade galega. Unha das actuacións mais importantes é a de colaborar coa organización dos tradicionais campamentos de verán en Galicia (Montecelo), xunto a outras asociación xuvenís de Galicia.

Estes campamentos están dirixidos aos mais pequenos (4º a 6º de Primaria). Os Campamentos Montecelo (Betanzos) organízanse en dous turnos: do 5-14 e 15-25 de xullo. O obxectivo é que os mozos, en contacto intenso coa natureza e nun ambiente de competición e convivencia poidan desenvolver valores como o orde e a responsabilidade, o afán de superación, xenerosidade, lealdade, optimismo, amizade, etc. Preto de trinta e cinco anos de campamentos confirman que se trata dunha excelente ocasión de aprender cousas novas, gozando de variadas actividades e ampliando o número de amigos: ¡Algo difícil de imaxinar!

Para os que acaban 1º de ESO organizouse o "English Camp", que inclúe curso de inglés, do 14 ao 28 de xullo nas Cabanas, lugar próximo a Madrid.

Para os rapaces de 2 a 4º de ESO e bachareis, faise una convivencia en Parquelagos "Lideralia 2013" (preto de Madrid), xunto con mozos de toda España. As datas son entre o 5 e o 27 de xullo, e inclúe actividades de solidariedade en distintas áreas adecuadas a esas idades. Un dos obxectivos é o de promover nos participantes a sensibilidade por os problemas da sociedade, mediante actividades de axuda a persoas desfavorecidas.

Os universitarios, poderán participar, xunto a estudantes doutras provincias españolas, nas "Xornadas Universitarias dos Pireneos", asistindo a Seminarios sobre Dereito, Empresa, Humanidades, Literatura, Enxeñaría, etc. Estas xornadas se desenvolverán enter o 22-29 de xullo xunto ao Santuario de Torreciudad (Barbastro-Huesca), preto do Pirineo.