"A porta da fe": carta de Bieito XVI (castelán)

O Santo Pai escribiu unha carta sobre a fe. "Porta fidei" convida aos cristiáns a redescubrir o valor das súas crenzas. Tamén convocou un ano da fe, que comezará en outubro de 2012.

Hoxe fíxose pública a Carta Apostólica "Porta Fidei", datada o 11 de outubro, coa que Bieito XVI instituie o "Ano da Fe". O documento consta de 15 puntos.

"Sucede hoxe con frecuencia -di o Santo Pai- que os cristiáns se preocupan moito polas consecuencias sociais, culturais e políticas do seu compromiso, ao mesmo tempo que seguen considerando a fe como un presuposto obvio da vida común".

"Mentres que no pasado era posible recoñecer un tecido cultural unitario, amplamente aceptado na súa referencia ao contido da fe e aos valores inspirados por ela, hoxe non parece que sexa xa así en vastos sectores da sociedade, por mor dunha profunda crise de fe que afecta a moitas persoas".

No punto 4, infórmase que o Ano da fe comezará o 11 de outubro de 2012, no cincuenta aniversario da apertura do Concilio Vaticano II, e terminará na solemnidade de Xesucristo, Rei do Universo, o 24 de novembro de 2013.