A mensaxe do Opus Dei, máis preto de nós

Presentación en Vigo da edición en galego de "Conversacións con Mons. Escrivá de Balaguer"

Do Opus Dei
Opus Dei - A mensaxe do Opus Dei, máis preto de nós

As Obras de san Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei, están cada día máis preto de nós en forma de coidadas edicións en galego. Edicións Rialp publicou sendas edicións de "Camiño" en 1968 e 1991, así como o "Vía Crucis" do autor en 2006.

Pola súa parte, Follas Novas Edicións editou na nosa lingua "Santo Rosario" en 2013 e, por último, "Conversacións con Mons. Escrivá de Balaguer". A versión en galego desta última obra xa foi presentada en Santiago, A Coruña e Lugo. Onte tocoulle a Vigo. No que se refire á reseña do acto na Cidade Olívica, interviron nel as seguintes presoas: o xornalista Ricardo García Machuca, como moderador, a doutora en Innovación Educativa Isabel Dans, a tradutora da obra Araceli Filgueira e o editor de Follas Novas e teólogo Rafael Silva.

O libro, orixinariamente editado en 1968, recolle sete entrevistas que concedeu san Xosemaría, entre 1966 e 1968, a Lle Figaro, The New York Times, Time, L'Osservatore della Domenica e a varias revistas españolas (Telva, Gaceta Universitaria e Palabra). Neste libro, o fundador do Opus Dei responde ás preguntas que lle fan sobre a Igrexa e o Concilio -que acababa de rematar-, os dereitos e liberdades individuais, a vida universitaria, a muller e a sociedade, o Opus Dei, a comunicación, etc.
Este libro foi publicado por primeira vez no último trimestre de 1968 en castelán, inglés, italiano e portugués. Despois apareceu tamén en francés, alemán, catalán, neerlandés, polaco e chinés. En total publicáronse, até a data máis de 400.000 exemplares. Agora tocoulle en sorte ao galego.