O Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa recibiu o XXII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado polo grupo empresarial Aresa e a Universidade de Santiago (USC). O xurado, segundo subliñou o seu presidente, o reitor da USC, Antonio López, tivo especialmente en conta o labor de formación e capacitación profesional que desenvolve Fonteboa desde a súa posta en marcha en 1975 no concello de Coristanco.