O Papa Francisco asinou esta mañá os decretos que recoñecen un milagre obtido por intercesión do beato Xoán Paulo II e outro atribuído á intercesión do venerable Álvaro del Portillo, primeiro sucesor de san Xosemaría.
Oración para a devoción privada
O beato Álvaro del Portillo naceu en Madrid o 11 de marzo de 1914, terceiro de oito irmáns, nunha familia de fonda raigame cristiá. Era doutor enxeñeiro de Camiños e doutor en Filosofía e en Dereito Canónico.
Acudir en caso de necesidade á intercesión de persoas con fama de santidade, é unha práctica cotián na Igrexa. Presentamos unha escolma de relatos recibidos na Oficina para a Causa dos Santos da Prelatura do Opus Dei.