Cuestións

Preguntas frecuentes sobre o Opus Dei

Sobre o Opus Dei

Que significa santificar o traballo?

Significa traballar segundo o espíritu de Xesucristo: traballar ben, con calidade, de acordo coa xustiza e respectando as leis, co fin de amar a Deus e servir aos demais. Dese modo contribúese a santificar o mundo dende dentro e a facer presente o Evanxeo en todas as actividades, tanto as que parecen brillantes como as máis humildes e agochadas, porque diante de Deus o importante non é éxito humano senon o amor que se pon no traballo.

Que tipo de apostolado desenvolve o Opus Dei?

O principal apostolado que realizan os fieis da Prelatura do Opus Dei é o que cada un leva a cabo no seu propio ambiente, sen formar grupo, como expresión natural e espontánea do seu compromiso cristián. O apostolado ennobrece os vínculos de amizade: un bo cristián esfórzase por ser un bo amigo, sincero e leal. Ademais, como froito do desexo do contribuir á solución dos problemas do seu contorno e de axudar aos máis necesitados, os fieis do Opus Dei, con moitas outras persoas, promoven iniciativas educativas e asistenciais: escolas, hospitais, centros de formación profesional, universidades… Son entidades moi variadas, que teñen a personalidade propia do país e da cultura na que nacen.

Que é a santidade?

Ser santos significa parecerse a Xesucristo en todo: pensamentos, sentimentos, palabras e accións. O rasgo máis característico da santidade é a caridade (amar a Deus sobre todas as cousas e ao próximo coma a un mesmo), que informa todas as virtudes: humildade, xustiza, laboriosidade, castidade, obediencia, alegría… É unha meta á que están chamados todos os bautizados e que se acada só no Ceo, despois de loitar toda a vida, contando coa axuda de Deus.

O Opus Dei, diríxese por igual a homes e mulleres?

Homes e mulleres posúen a mesma dignidade de fillos de Deus, e están igualmente chamados á santidade heroica en virtude do bautismo. As mulleres e os varóns da prelatura viven o mesmo espíritu, promoven apostolados similares, exercen todas as profesións honradas, procuran igualmente santificar o traballo e a vida de familia. Ademais, os fieis laicos do Opus Dei, homes e mulleres, desenvolven idé

Qué é o Opus Dei?

O Opus Dei -Obra de Deus, en latín- é unha institución xerárquica da Igrexa católica, unha prelatura persoal que ten como finalidade contribuir á misión evanxelizadora da Igrexa. Concretamente, propónse difundir unha profunda toma de consciencia da chamada universal á santidade e do valor santificador do traballo ordinario. O Opus Dei foi fundado por san Xosemaría Escrivá o 2 de outubro de 1928.

Ten o Opus Dei unha doctrina propia política, social ou relixiosa?

O Opus Dei ten e espalla soamente a doctrina da Igrexa. O específico do Opus Dei é o esforzo por levar o Evanxeo a todos os ambientes por medio da santificación do traballo. No Opus Dei vívese e foméntase a liberdade e o pluralismo en todas as cuestións poíticas, culturais, económicas e sociais que non foron definidas pola Igrexa.

A quen se dirixe?

Quen pode pertencer ao Opus Dei?

Fieis católicos adultos, homes e mulleres de calquera cultura, nacionalidade, condición social e nivel económico, que perciben que Deus os chama a servirlle plenamente en medio do mundo e responden libremente a esa chamada: en efecto, a incorporación ao Opus Dei é sempre un compromiso de amor en resposta a unha vocación divina. Actualmente pertencen ao Opus Dei máis de 87.000 persoas.

Poden pertencer ao Opus Dei persoas casadas?

A maior parte dos fieis da Prelatura están casados e esfórzanse por seguir a Xesucristo precisamente nas circunstancias ordinarias da súa vida: no seu traballo fóra e dentro do fogar, cuidando da súa familia, mantendo o amor conxugal sempre novo, recibindo con xenerosidade os fillos que Deus lles concede, educándoos con esmero e transmitíndolles a fe co seu exemplo e a súa caridade.

Como incorporarse ao Opus Dei?

A incorporación prodúcese mediante unha declaración formal por parte da Prelatura e do interesado. Baséase no valor da palabra dada e na honradez cristiá da persoa que se incorpora á Prelatura, e comporta un compromiso de por vida: loitar por ser santo segundo o espírito do Opus Dei. Polo tanto require maioría de idade e unha decisión libre, ponderada e madura. Esixe ademais a necesaria información previa e un axeitado periodo de preparación.

Actividades que desenvolve

Qué actividades desenvolve o Opus Dei?

O Opus Dei proporciona aos seus fieis a atención pastoral e os medios de formación que lles axudan a levar a súa misión no mundo. Tamén ofrece medios de formación a quen teñan interese en afondar nas esixencias da fe. A Prelatura organiza clases, charlas, días de retiro, medios de dirección espiritual, etc., para dar a coñecer e axudar a vivir as ensinanzas do Evanxeo e do Maxisterio da Igrexa. Os medios de formación -para homes e para mulleres por separado- organízanse en horarios e lugares compatibles co cumprimento dos deberes familiares, profesionais e sociais dos asistentes.

Que relación ten o Opus Dei con outras institucións da Igrexa?

A Prelatura do Opus Dei coma tal e cada un dos seus fieis en particular esfórzanse por vivir en plena comunión co Papa, cos bispos, cos sacerdotes, cos relixiosos e con todas as realidades eclesiais. O Fundador da Obra lembrou sempre que o Opus Dei existe exclusivamente para servir á Igrexa, e que os fieis da Prelatura han de seren fermento de unidade.

Promove o Opus Dei actividades para xente nova?

Os Centros do Opus Dei ofrecen actividades de formación para estudiantes novos e para traballadores, como clases de doctrina católica, dirección espiritual, encontros culturais e proxectos de solidaridade. Nos medios de formación recórdase, entre outras cousas, a importancia do estudo e do taballo, como preparación indispensable para servir seriamente á sociedade e á Igrexa, ser sementadores de paz e de ledicia e construir un mundo máis humano, máis xusto e máis cristián.