XXIII CERTAME DE VÍDEO XUVENIL “HOLYWOODOIRA”

A Asociación Xuvenil Doira celebrou a súa XXIII edición de vídeo xuvenil en Vigo

Do Opus Dei

O pasado sábado 7 de febreiro celebrouse ás 18.45 h. a tradicional gala do certame Holywoodoira, no auditorio do conservatorio Martín Códax (no Castro de Vigo).
Como en anos anteriores, os guionistas, produtores e actores foron mozos de 10 a 18 anos que, seguindo os requisitos do certame, desenvolveron distintos valores, particularmente sociais: compañeirismo, solidariedade, traballo en equipo,... Os mozos traballaron diferentes competencias e estudaron o modo de transmitilas nun guión cinematográfico. Estas actividades levan a que os mozos melloren as súas capacidades persoais como falar en público, expresarse, transmitir, etc.
Os organizadores do certame contan coa colaboración de distintas entidades asociativas das Rías Baixas destacadas polo seu traballo coa mocidade e de tradición no mundo audiovisual. Por exemplo, a carón do club xuvenil Doira de Vigo, participou no certame a Asociación Cultural Tambre de Pontevedra.


Mais fotos AQUÍ