XXII Xornada Mariana da Familia

O 17 de setembro celebrarase en Torreciudad (Huesca) unha nova Xornada da Familia. A Xornada estará presidida polo arcebispo de Madrid e presidente da Conferencia Episcopal Española, o cardeal galego Antonio María Rouco Varela.

Coa asistencia -como é habitual desde as primeiras Xornadas- de familias procedentes de diversas poboacións de Galicia, o 17 de setembro celebrarase en Torreciudad (Huesca) unha nova Xornada Mariana da Familia . A Xornada estará presidida polo arcebispo de Madrid e presidente da Conferencia Episcopal Española, o galego e cardeal Antonio María Rouco Varela. Esta Xornada cumpre a súa vixésima segunda edición ofrecendo a familias de todas as latitudes unha peregrinación festiva realizada baixo a protección da Virxe María. O arcebispo de Madrid e presidente da Conferencia Episcopal Española, o cardeal Antonio María Rouco Varela, presidirá o sábado 17 de setembro esta xornada que se celebrará no santuario de Torreciudad (Huesca).

No evento participarán varios miles de familias de toda España baixo a lema "A familia, formadora de valores humanos e cristiáns". Nesta edición terán un protagonismo especial as familias de nenos e nenas que van facer o próximo curso a primeira comuñón, pois poderán realizar unha ofrenda especial á Virxe antes da celebración da misa.

O director de Comunicación de Torreciudad, José Alfonso Arregui, asegurou que os principais destinatarios da xornada son "familias con nenos desde recentemente nacidos ata adolescentes" e que "serán moi numerosos os nenos de primeira comuñón". "Madrid e Valencia son as Comunidades que achegarán maior número de peregrinos", afirmou.

Neste día de festa miles de familias viven unha intensa experiencia de fe e devoción mariana que, de forma moi natural, transmítese de pais a fillos e favorece a súa educación. O obxectivo da Xornada, segundo José Alfonso Arregui, non é outro que "ofrecer ás familias a oportunidade de honrar á Virxe María, pois a devoción á Virxe é o obxectivo principal de todo santuario e Torreciudad non é menos". "Un día de festa, de comezo de curso onde as familias poidan pedir á Virxe a súa protección", engadiu.

Máis de 200 mozos acudirán como voluntarios para axudar aos asistentes e atender, entre outros, os servizos de aparcadoiro, gardaría, parque infantil e limpeza. Na Xornada colaboran Cruz Vermella de Huesca, Garda Civil, Turismo de Aragón e as comarcas oscenses do Somontano de Barbastro, Ribagorza e Cinca Medio.

A Xornada dará comezo ás 9.00 horas, momento en que se procede á apertura do recinto e dos confesonarios. "A partir das 12.00 horas terá lugar a oración das familias, onde unha familia en representación das demais dirixirase á Virxe. Despois, sucederanse as ofrendas: alimentos, elementos de decoración, traballos manuais realizados polos máis pequenos, etc.", apuntou Arregui.

A mañá concluirá coa Santa Misa, seguida de actuacións musicais e o ofrecemento dos nenos á Virxe. Pola tarde, rezarase o Santo Rosario e terase Exposición Solemne do Santísimo Sacramento.

aragondigital.es