VARIOS MILES DE GALEGOS ASISTIRAN Á BEATIFICACIÓNDE MONS. ÁLVARO DEL PORTILLO

O primeiro sucesor de San Xosemaría Escrivá á fronte do Opus Dei, será beatificado en Valdebebas (Madrid) o vindeiro sábado, 27 de setembro,ás 12.00 h.

Do Opus Dei
Opus Dei - VARIOS MILES DE GALEGOS ASISTIRAN Á BEATIFICACIÓNDE MONS. ÁLVARO DEL PORTILLO

VARIOS MILES DE GALEGOS ASISTIRAN Á BEATIFICACIÓNDE MONS. ÁLVARO DEL PORTILLO

O primeiro sucesor de San Xosemaría Escrivá á fronte do Opus Dei, será beatificado en Valdebebas (Madrid) o vindeiro sábado, 27 de setembro,ás 12.00 h.

A celebración eucarística será presidida polo Cardeal Ángelo Amato, Prefecto da Congregación para as Causas dos Santos; e con el concelebrarán, don Antonio María Rouco Varela, Cardeal emérito de Madrid,o Prelado do Opus Dei, Mons. Xavier Echevarría; e Cardeais, Bispos e sacerdotes do cinco continentes.

Participación galega

Á Beatificación acudirán persoas de 80 países que anunciaron xa a súa asistencia á cerimonia da Beatificación: entre outros, Corea do Sur, Emiratos Árabes,Islandia, Arxentina, México, Colombia, Kazajstán, etc.

Tamén asistirán máis de 4.500 persoas de toda a xeografía galega e de todas as idades. E ademais, 600 mozos, dos que 50 traballarán especificamente como voluntarios.

Na Eucaristía concelebrarán, Don Xulián Barrio, Arcebispo de Santiago,o seu Bispo auxiliar, os Bispos de Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo; o Vigairo do Opus en Galicia, Don Anxo Lasheras; e un bo grupo de sacerdotes: están inscritos 80 sacerdotes das dioceses galegas, a maioría deles acudirán en autobuses con fregueses.

Os participantes desprazaranse en coches ou autobuses e aloxaranse en Madrid en casas de familiares ou coñecidos, en hoteis e residencias. Están previstos 40 autobuses desde Galicia.Algúns deles farán unha viaxe que durará en total ao redor de 20 horas co obxectivo de abaratar os custos de desprazamento. Da Coruña sairá un plan especial en tren para mozos profesionais e familias novas.

Preparativos en Galicia

Con motivo da beatificación de Álvaro del Portillo e de cumprirse o pasado 11 de marzo o centenario do seu nacemento, en Galicia celebráronse diversos actos para dar a coñecer a súa vida, ensinos e servizo á Igrexa. Así, por exemplo, tiveron lugar conferencias -en Vigo e A Coruña-, charlas coloquio en Ourense, Ferrol, Vigo e Pontevedra, e exposicións en Vigo, Santiago e Sanxenxo.

Como a beatificación ten lugar en España, o comité organizador impulsou a Recollida de Alimentos Álvaro do Portillo, que se desenvolveu o fin de semana 12 e 13 de setembro. En Galicia fíxose en Santiago, A Coruña, Vigo, Ourense e Ferrol. As 20 toneladas recollidas puxéronse a disposición dos Bancos de Alimentos desas cidades.

Para poder asistir á beatificación, mozas e mozos novos galegos limparon coches, fixeron de canguros,pediron como agasallos de reis ou aniversarios diñeiro para a viaxe, con propinas de avós, padriños, etc.

Álvaro del Portillo en Galicia

Realizou diversas viaxes pastorais a Galicia entre 1945 e 1961, a maioría deles acompañando a san Xosemaría Escrivá. En marzo de 1945 predicou uns exercicios espirituais no colexio das Carmelitas da Caridade de Vigo e participou no acto de inauguración da Escola de Enxeñeiros Forestais de Pontevedra.

En setembro de 1947 rezou ante a Virxe dos Ollos Grandes de Lugo, estivo na Coruña, Betanzos e Pontedeume e durmiu en Santiago (c/ Rua Nova) no primeiro centro do Opus Dei en Galicia. En 1956 e 1961 estivo no Colexio Maior La Estila, de Santiago. Mantivo unha estreita amizade con Frei José López Ortiz, bispo de Tui-Vigo durante 25 anos (1944-1969).

Unha beatificación solidaria

O comité organizador quixo que toda a celebración responda ao espírito de solidariedade cos máis necesitados que caracterizou a vida de Álvaro del Portillo, desde o seu labor catequético xuvenil en barrios desfavorecidos do Madrid dos anos 30, até o seu impulso a proxectos sociais e educativos en todo o mundo, seguindo o exemplo de san Xosemaría.

Os organizadores acolleron así a mensaxe do Prelado do Opus Dei, Xavier Echevarría, que animou a seguir o espírito do próximo beato preparándose para o evento eclesial mediante a práctica de tarefas asistenciais e de axuda ás persoas que máis o necesitan. A todos os participantes na Beatificación ofréceselles a posibilidade de colaborar co seu donativo en iniciativas sociais en Nixeria, Costa de Marfil e Congo e a consecución de bolsas de estudo en Roma para sacerdotes africanos.

Persoas que traballan en obras sociais promovidas por Álvaro do Portillo en moitos países, participarán no encontro “40 iniciativas contra a pobreza” que terá lugar o 25 de setembro en Madrid.

Máis de 3.500 voluntarios prestarán axuda aos asistentes, especialmente a persoas maiores, enfermas ou con algunha discapacidade.

Máis de mil familias madrileñas abriron as portas das súas casas a participantes doutros países que carecían de recursos para pagar un aloxamento.

Unha persoa cercana

Álvaro del Portillo sentiu a chamada de Deus ao Opus Dei a través do exemplo e a palabra de san Xosemaría, cando era un estudante da Escola de Enxeñeiros de Camiños de Madrid. Viviu con gran fidelidade a mensaxe do fundador do Opus Dei: buscar a Deus no traballo profesional, na vida familiar e as relacións sociais.

Soubo facer compatible a súa destacada preparación académica -era doutor en Enxeñaría de Camiños, en Filosofía e Letras, e en Dereito Canónico- coa proximidade a todas as persoas que trataba. Como primeiro prelado do Opus Dei comezou o traballo apostólico en numerosos países, preocupouse especialmente da formación dos sacerdotes creando a Pontificia Universidade da Santa Cruz, e impulsou a posta en marcha de decenas de iniciativas sociais en todo o mundo.

Tivo un importante papel no Concilio Vaticano II, que se plasmou no maxisterio sobre a relevancia dos laicos na Igrexa, e sobre a identidade e a misión dos sacerdotes.

Para saber máis

Información sobre a cerimonia e sobre Álvaro del Portillo: www.alvaro14.org.

O acto será retransmitido en directo por máis de 30 televisións, entre elas 13 TV, cópea, Telemadrid e ETWN.

Un grupo de voluntarios ocúpase da comunicación -en castelán e inglés- en Twiter, Facebook, YouTube, Flickr, e Soundcloud.

Para máis información en Galicia:

Salvador Martín

659.034299 y www.salvamaguirre@gmail.com

Oficina de Información do Opus Dei en Galicia.

Santiago,24 de septembro de 2014