Vacacións en Uganda

Artigo publicado en El Correo Gallego o día 18 de agosto de 2012

Construír unha escola en África é unha boa forma de pasar as vacacións. Preparar o proxecto non é sinxelo: ato par recursos, organizar a viaxe, concretar o plan de traballo coa ONG local... Un mes antes hai que poñerse as vacinas do cólera, a hepatite e a febre amare la. A profilaxe contra a malaria comeza o día anterior á viaxe e remata unha semana despois do regreso.A viaxe Santiago-Kampala, vía Londres, dura 24 horas. Unha vez alá, os universitarios do Colegio Mayor La Estila participantes no proxecto foron recollidos por membros da Kelim Foundation para levalos a Lugazi, lugar de construción da escola.

Durante vinte días, os doce estudantes galegos e dez voluntarios ugandeses de 20 anos, levantaron as paredes dun novo pavillón da escola católica para nenos sen recursos, dependente do bispo de Lugazi. Á escola van 150 nenos e nenas de 6 a 11 anos (católicos, protestantes e musulmáns). En Uganda a escola custa sobre 130 € anuais: a do bispado un 25%. O novo pavillón, de cen prazas, é para nenos e nenas de 12 a 14 anos. O teito vai construílo unha ONG alemá.

Os voluntarios traballaron oito horas ao día de luns a venres e catro os sábados, axudados por cinco obreiros ugandeses. Despois de xantar, intercambiaron historias en inglés e cancións. Ivan, ugandés autodidacta, tocou a guitarra de marabilla.

Como non había formigoneiras, facer o morteiro foi moi lento. Para subir os ladrillos fixeron unha estrutura de paos de madeira, pola que subían todo a base de brazos. Cando viña a treboada, había que parar; pois en África, cando hai treboada, párase.

O proxecto financiou os materiais de construción, o salario dos obreiros e material escolar. As tendas de campaña nas que durmiron os voluntarios tamén quedaron alá.

Un fin de semana visitaron as fontes do Nilo. Cando un hipopótamo sae a comer herba, ten un ollo na herba e outro na distancia que lle separaba do río. Se te cruzas nesa distancia, interpreta que queres impedirlle a volta e te ataca.

Na festa de despedida, cen escolares cantaron cancións e o himno nacional aos voluntarios. O esforzo valeu a pena.

Joan Ribot // El Correo Gallego