Un coruñes ordenado sacerdote en Roma

Entrevista con Gonzalo Otero, sacerdote e ex alumno do Colexio Peñarredonda en A Coruña, na revista do seu antigo colexio

Gonzalo Otero saúdando ao Prelado do Opus Dei tras recibir del o orde sacedotal

1.      Nado en... Córdoba. A miña nai é de Córdoba e o meu pai da Illa de Arousa. Pero os meus irmáns e eu criámonos en A Coruña, onde vivín dende os 5 aos 17 anos. 2.      Estudou no do Colexio Peñarredonda e pertence á promoción do ano... 1989, estudei once anos en Peña, pero o último ano fíxeno en Madrid no colexio Los Olmos. 3.      Acaban de ordenarlle sacerdote en Roma ¿Que significa iso para vostede? O sacerdote pon a súa persoa a disposición de Xesucristo, que utiliza a súa voz e os seus xestos para facerse presente na Eucaristía, para perdoar, para santificar. A ordenación de novos sacerdotes é a alegría de comprobar a proximidade sempre actual de Xesucristo que nos dá a súa amizade, a súa graza e que se entrega Él mesmo no sacrificio da Misa. Ser sacerdote implica participar da entrega de Xesucristo por todos os homes. O sacerdote está chamado a dar a Deus.    4.      ¿Exercerá alí como sacerdote? ¿en que consistirá o seu traballo? Conmigo ordenáronse outros 35 sacerdotes procedentes de sitios moi diversos: Estados Unidos, Nixeria, Francia, México, Brasil, Uganda, Austria, Arxentina, etc. Algún quedará en Roma, pero a maioría volverán aos seus lugares de orixe. Outros irán a países onde está a comezar o labor do Opus Dei como en Corea, Indonesia, Rusia, India,… A tarefa principal do sacerdote é rezar. A Santa Misa é o momento principal do día. Ademais está a administración do resto dos sacramentos, especialmente a confesión. E logo facilitar o encontro de cada persoa con Xesucristo a través da dirección espiritual e a formación.   5.      ¿Como foi o camiño para conseguilo?

O sacerdocio é unha chamada de Deus. Neste aspecto é similar á vocación cristiá: é algo que se nos dá, e á vez ante o que se nos pide unha resposta. Un pode favorecer ou non a concesión deste don, e tamén responder de moitas maneiras. De tódolos xeitos sempre é Deus o actor principal, que vai proporcionando impulso e indicacións a través dos acontecementos normais da vida, e sobre todo a través do exemplo e a oración de moitas persoas. 6.      ¿Que é o que máis lle gusta do seu oficio? Nos 12 días que levo de sacerdote a maior alegría é a celebración diaria da Santa Misa. 7.      ¿Cando se decatou de que quería ser sacerdote? ¿Vénlle a vocación de cando era pequeno ou xurdiulle despois?  Como en toda vocación o decisivo é buscar, entender e finalmente querer o que Deus quere. En particular a chamada ao sacerdocio presentóuseme relativamente hai poucos anos, despois de varios anos dun exercicio profesional -son enxeñeiro industrial- distinto. Penso que para vivir a propia vocación é clave a oración, un trato confiado con Deus; e aprender a escoitalo a través dos medios -as ensinanzas de Xesucristo transmitidas pola Igrexa, a dirección espiritual persoal- que nos dá. 8.      Do seu paso polo Colexio Peñarredonda ¿ten algún recordo especial?  É difícil elixir un, son moitos: o equipo de baloncesto que adestraba D. Fernando Bolós, os partidos de fútbol Madrid-Barça do recreo, os polis e cacos no monte, o concurso de beléns, a festa de fin de curso coas competicións deportivas,… 9.      ¿Algún profesor que recorde con especial cariño? Moitos. Quizais polo seu falecemento antes do esperado recordo a D. Constantino -admirábame a súa habilidade e as perfectas circunferencias que trazaba na lousa- e a D. Francisco: inesquecibles as súas clases de historia sagrada en cuarto de primaria. Tamén gardo un especial recordo dos que foron os meus preceptores tanto os dos últimos anos, D. Manuel, antes D. José Manuel López Pan, como do primeiro que foi D. Jesús. 10. ¿Cales eran as súas materias favoritas? As matemáticas, recordo as clases de D. José Roca, D. Rafael González-Villalobos e antes as de D. Ramón Roca. Tamén a historia se facía moi interesante nas clases de D. Miguel Otero e D. José María Gaisse. D. Francisco Pita pasmoume coa bioloxía en primeiro de bacharelato. 11. ¿Que destacaría dun colexio como o Peñarredonda? O clima de confianza. Ter ao teu arredor xente - compañeiros e profesores- nos que podes confiar. 12. ¿Que mensaxe lle daría os alumnos? Máis que unha mensaxe, unha petición: que na súa próxima visita á ermida pidan a Virxe polo Papa e as súas intencións. Nestes días o Papa pediu oracións pola Igrexa en China; por exemplo, o pasado 24 de maio foi unha xornada de oración por esta intención. Un dos 35 sacerdotes que se ordenaron comigo é un chinés nacido en Singapura, o que a min me supón un estímulo máis para secundar esta petición do Papa.