Un berro aínda máis forte: ¡Harambee!

A iniciativa que naceu na canonización de san Xosemaría para axudar á África subsahariana sostén actualmente 28 proxectos en 14 países. Para dar continuidade ao esforzo, naceu a ONG "Harambee Africa International", con sedes en Italia, España, Francia, Portugal, EEUU e Irlanda.

'Harambee Africa International': 28 proxectos en 14 países, impulsados dende Italia, España, EEUU, Portugal, Francia e Irlanda.

"Confianza no home e amor e proximidade a persoas de toda condición. A partir destes puntos de referencia, froito das ensinanzas de San Xosemaría Escrivá, naceu o programa Harambee por Africa".

Así definiu Giovanni Mottini, Presidente da nova ONG, o perfil de Harambee Africa International , presentada o 27 de outubro en Roma.

Dende o seu nacemento, hai 6 anos, Harambee creceu e implantouse en novos lugares, como España, Francia, Portugal, Estados Unidos e Irlanda e axudou economicamente a 28 iniciativas sociais e educativas de 14 países da área subsahariana.

A nova entidade constituíuse para mellorar as funcións de coordinación internacional do proxecto, que ata agora se realizaban grazas ao Istituto per a Cooperazione Universitaria.

"No ano 2002, con motivo da canonización de San Xosemaría, preguntabámonos que poderiamos facer como cristiáns para deixar pegada das súas ensinanzas -dixo Mottini-. E comezamos a ocuparnos de África, evitando unha mirada estética, é dicir a do que mira ao continente pensando só na súa rica natureza, ou evitando tamén a mirada estática típica do que, mostrando indignación cara aos seus dramas, queda logo lonxe dos problemas".

Harambee Africa International impulsa máis ben unha solidariedade concreta, xamais a distancia: a solidariedade de San Xosemaría Escrivá.

De esquerda a dereita: Linda Corbi, Giovanni Mottini e Rosella Villa.

"Comezamos a ocuparnos de África -continuou Mottini-, preguntándonos non tanto que necesitan os africanos, senón máis ben en que están a pensar, porque estamos convencidos, co Papa Benedicto XVI, que a pobreza non é só material, senón sobre todo de esperanza".

Ese é motivo polo que Harambee África International promoveu e sostivo programas en África. "Concentrámonos na educación, na mellora da súa calidade, porque así cultivaremos a intelixencia e a capacidade de cada un para mellorar o seu propio destino". A solidariedade de Harambee, en definitiva, é menos espectacular, pero moi eficaz.

'Concentrámonos na educación, na melloría da súa calidade, porque así cultivaremos a intelixencia e a capacidade de cada un para mellorar o seu propio destino'.

Tras a intervención de Giovanni Mottini, a coordinadora internacional da nova Asociación, Linda Corbi , mostrou os resultados obtidos polos proxectos impulsados por Harambee, deténdose especialmente na experiencia de Kenya.

"Acabamos de finalizar unhas xornadas de estudio e seguimento en Nairobi, onde puidemos experimentar a potencialidade de cambio positivo que hai tras os programas que financiamos de axuda a mestres de escola, ás veces os únicos puntos de referencia para as novas xeracións"