Turismo rural e algo máis

Mª Jesús conta como coñeceu o Opus Dei en Galicia

En primeira persoa

Pouco tempo antes da canonización de san Xosemaría organizouse en Ribeira unha exposición sobre o entón beato que, a través de fotografías e audiovisuais, reflectían diversos aspectos do espírito do Opus Dei e da personalidade do seu fundador. Nun dos paneis, o retrato de Mons. Escrivá de Balaguer coa foto da Basílica de San Pedro ao fondo, pareceume que me "invitaba" a acudir á súa canonización, así que decidín asistir á cerimonia co meu marido en outubro de 2002.

Entón tiña eu un comercio e, na súa trastenda, reuniámonos algunhas amigas e primas para recibir unhas sesións de formación sobre doutrina católica e sobre cuestións de actualidade, xa que necesitabamos criterio.

Chegou decembro e estaba un pouco inqueda, formulábame a posibilidade de que quizais Deus quería que eu fose do Opus Dei; pero, ao mesmo tempo, era algo ata certo punto descoñecido e tiña medo a equivocarme. Coincidiu que neses días me atopaba mal de saúde e non podía atender a tenda. Recei o Neno Xesús do belén da miña casa para que me axudase a ver e a facer o que fose mellor. E así foi, e o día de Reis, pedín a Admisión no Opus Dei. E dende entón estou moi contenta.

"Hai épocas de moitísima actividade, que chega a ser angustioso; pero a formación que recibo na Obra axúdame a manterme serena"

Cando deixei a tenda para empezar a rexentar unha casa de turismo rural, atopei un traballo totalmente diferente, pasei a facer todas as tarefas da casa e aínda que me axuda outra persoa, Isabel, hai épocas de muchísima actividade, que chega a ser angustioso; pero a formación que recibo na Obra axúdame a manterme serena: a oración, o trato con Deus, axúdame a sacar adiante o meu traballo con alegría. A carga é a mesma, pero grazas á Misa diaria, doulle un sentido transcendente ao traballo.

O meu marido e eu propuxémonos este proxecto porque queriamos fortalecer a vida familiar. Tiñamos ganas de arranxar a casa, pero tamén buscabamos o mellor modo de ser útiles, de servir. Púxeno en mans de Deus e todo foi transcorrendo providencialmente, pouco a pouco cos seus contratempos e as súas vantaxes. Por exemplo, tiñamos moita ilusión por ter unha capela e, grazas a que os contratistas atrasaron unha ano as obras, a capela acabou por sairnos case gratis...

Cos clientes intento, ante todo, ofrecerlles o mellor, ser o máis agradable posible, poñer boa cara e referirme a Deus con naturalidade, aproveitando as oportunidades que me brindan. Estou pendente de facilitarlles o que poidan necesitar, interésome polas súas cousas e, a verdade é que con frecuencia mo agradecen...

Nesta casa tamén se organizan cursos de formación e retiros espirituais para estudantes, seminaristas, etc... Como negocio, estas actividades non supoñen moito porque lles cobramos un prezo axustado para que non deixen de facelo por cuestión económica. Para min é unha gran satisfacción contribuír así á formación cristiá da xente nova. O que máis me gusta, é que podemos participar na Misa e pensar que durante eses días teño o Señor na miña casa. Paréceme algo extraordinario. Encántame cando oio dicir os rapaces "¡ qué ben se reza aquí "! ".

"O seu pai comentoume: estoume a fixar en que, a pesar de tanto traballo como tes, non perdes o sorriso: es unha persoa crente ¿verdade?: é que a miña muller querería falar contigo "...

Aos dous meses de abrir a casa, unha axencia ofreceunos a oportunidade de que unha produtora rodase nela unha película de animación que estrearán este ano con actores famosos que nunca imaxinaría que chegaría eu a coñecer. Durante eses días de rodaxe, tiven a oportunidade de falar con algúns familiares e acompañantes sobre as súas inquietudes relixiosas.

O ano pasado veu unha familia en Semana Santa, con dous fillos, o pequeno, que estaba sin bautizar, ao ver a capela puxo cara de admiración e pediu bautizarse, xa que parece ser que xa tiña esa inquietude. O seu pai comentoume: estoume a fixar en que, a pesar de tanto traballo como tes, non perdes o sorriso: es unha persoa crente ¿verdade?: é que a miña muller querería falar contigo...

Nos contratempos ou dificultades acudo á intercesión de san Josemaría. Por exemplo, nunha ocasión tiña trinta comensais no comedor. Cando me dispoñía a preparar as fontes atopeime con que non abría a porta do armario onde as gardo. Tras varios intentos inútiles, mentres eu chamaba o carpinteiro, a muller que traballa comigo achegouse á capela e pediulle a san Josemaría que nos botase unha man. O carpinteiro dixo que non podía vir ata o día seguinte... volvín intentar abrir o armario e... abriuse.

Tamén procuro ofrecer bos libros, que teño no salón principal, para que a xente atope lecturas interesantes. É un momento de parar un pouco, de pensar,... e algúns libros facilítano: Un seminarista nas SS; Roma doce fogar; Deus existe, eu atopeimo; biografías, da nai Teresa de Calcuta e a de Alexia, por citar vidas exemplares do noso tempo. Por suposto que teño tamén novelas e pouco a pouco irei organizando a miña biblioteca para que poida contribuír ao descanso e á formación cultural e humana dos que veñen por aquí.

Aínda que o noso espazo se reduce practicamente á cociña, agora teño máis vida familiar que cando traballaba na tenda da que saía moi tarde e nos viamos moi pouco... e agora estou sempre na casa.

Estou segura que este ano santo, o Apóstolo Santiago nos axudará a sacar adiante moitos plans que nos traemos entre mans...