The Heights Pilgrins

Un colexio de Washington fai do Camiño de Santiago unha tradición anual

Hoxe foi o primeiro día de sol para os moitos peregrinos, entre eles un grupo dun colexio de Washington. Xa fixeron da ruta unha tradición anual.

"Encantoume a experiencia do Camiño, sobre todo porque é moi espiritual a peregrinaxe que estamos facendo", explica un xoven peregrino, alumno do colexio The Heights de Washington, Joaquín Brooks.

"É a priemeira vez que estou en Galicia e en España. É moi fermosa a paisaxe, aínda que chove moito, é marabilloso", conta un xoven peregrino, alumno do colexio The Heights de Washington, Nathaniel Gadiano.

"O clima é un pouco duro pero a verdade é que as paisaxes son preciosas", afirma un xoven peregrino, alumno do colexio The Heights de Washington, Andrés Senbastián Meléndez.

A primavera adiantada adianta os paso destes e doutros peregrinos cara a Compostela. Se febreiro xa batera marcas, cun aumento de peregrinos do 59% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o mellor, para o Camiño, e para os albergues, comeza agora.

Chegaron do outro lado do océano, de Washington, para comezar peregrinaxe polo camiño Francés dende O Cebreiro.

"Somos un grupo de 28 persoas, case todos son alumnos adolescentes, do colexio The Heights, de Washington DC. Encantounos a xente, a vexetación, a cultura, a arquitectura... Os rapaces están escantados porque son cousas que non poden ver nos Estados Unidos. Facemos o Camiño por moitos motivos, pero sobre todo por relixión. Amais, cando aos rapaces lles dixemos que iades vir da Televisión de Galicia a gravalos, quedaron encantados", explica José Cárdenas, peregrino responsable do grupo e mestre do colexio The Heights de Washington.

"O mellor do Camiño é a xente, estamos moi agradecidos polo ben que nos tratan e o xenerosa que é a xente aquí", comenta Juan Cárdenas, axudante coa intendencia, organización e traslados do grupo de peregrinaxe.

"O mellor son as persoas ás que vas coñecendo no Camiño. Amais a min gustoume moito o café de aquí jaja", explica un xoven peregrino, alumno do colexio The Heights de Washington, Nathaniel Gadiano.

"O xamón, tamén nos gusta moito. Estamos encantados coa gastronomía galega", conta un xoven peregrino, alumno do colexio The Heights de Washington, Andrés Senbastián Meléndez.

"En xeral a experiencia está sendo impresionante", resume un xoven peregrino, alumno do colexio The Heights de Washington, Joaquín Brooks.

Coa ollada xa posta en Compostela e Fisterra, esperan volver facer camiño de ida e volta.

Fonte: https://www.crtvg.es/informativos/un-colexio-de-was...