Tardes culturais no Proxecto Home

Mario Clavell é un mestre xubilado que colabora no Proxecto Home en Santiago de Compostela

Do Opus Dei

-Veña, gracias, ate á próxima.

Así despediron ao último visitante, un reputado fotógrafo da prensa rexional, á comenzos deste mes de marzo : estiven moi a gusto con eles; moi preguntóns, non adoito atopar interés tan alto polo meu traballo, comentabame á volta á Santiago de Compostela.

A ‘próxima’ será no mes seguinte, cando un novo invitado veña para manter unha charla coloquio en As Cernadas.

Satisfacción de traballar para outros

Teño a sorte de colaborar co Proxecto Home Galicia como voluntario. Amigos meus participan conmigo de forma crecente. Unha tarde de domingo ao mes baixo cun invitado á Comunidade Terapéutica As Cernadas (Val do Dubra), a trece kilómetros de Santiago, onde tres ou catro ducias de usuarios reciben atención para saír da droga.

Visita do músico e compositor Amador Santos. As Cernadas é un espazo luminoso onde melloran as persoas.

A versatilidade do Programa permite que cada voluntario colabore de acordo coas súas habilidades. A min venme á medida:  son Profesor xubilado e teño tempo e coñecidos abondo, xente positiva que estimule aos residentes na súa visita a As Cernadas.

Cadaquen fala do seu traballo: -Gracias á vós, rapaces, por terme escoitado con tanta atención, ¡ánimo, sodes uns campeóns!, despediase Héctor, un oficial da Armada, que transmitiu o sentido da perseverancia para saír adiante na vida.

Ás cinco da tarde artéllase a charla introductoria e, de seguido, móntase unha tertulia que, ás veces, hai que acabar polas  bravas: ''señores, son as sete, tedes tarefas que facer e imos logo coa última pregunta''. -Baaah! ¡aínda dúas máis...!

O periodista Juan Vicente Boo (nov 2011) fala do seu mundo, que oferece posibilidades para a reinserción.

Amador, director xubilado da Banda Municipal e compositor, baixou un día conmigo para falar de música e aí segue, pasados dous anos, cunha actividade regular.  Debece pola audición que lles ofrece e explica cada ultimo sábado de mes: -Están interesadísimos coa música que lles poño, e eu disfruto tanto coma eles.

 “Volvo moi a gusto, que o saibas: teño fillos adolescentes, dame vigor cando vexo saír de conductas de risco a estas persoas”, di José Miguel, Profesor de Historia medieval, que repite sesión: “penso nos meus fillos cando vou alí”.

Cada quen ten un oco onde botar unha man

Historiadores, biólogos, físicos, poetas, músicos, pintores, viaxeiros, médicos, compositores, economistas, empresarios, xeólogos, meteorólogos, marinos, actores, radiofonistas, fotógrafos. Un cento de invitados ten pasado por As Cernadas e todos aceptan baixar de novo. É a satisfacción de adicar tempo e coñecementos a cambio de nada, polo gusto se sentirse útil, recoñece Javier, un físico de partículas que fai unha visita anual á As Cernadas.

Os usuarios do Progama son atentos, preguntóns... e agradecidos, xa se dixo: ¡máis que nas miñas clases! -observa divertido Xulio, Profesor de Arte- dálle a noraboa ao Proxecto Home por ese labor, escribe nun correo electrónico ao día seguinte da visita. Non atopo facilmente un público tan receptivo e sensible, di, no mesmo sentido, Fernando, compositor de música sinfónica contemporánea.

Voluntarios xunto a profisionais

Detrás desa forma de voluntariado hai profesionais en Proxecto Home, claro é. Os residentes nas Cernadas están en fase de reinserción, desexosos de saír da adicción na que caíran. Dá xénio colaborar na tarefa de mostrar un mundo laboral, artístico, profisional constructivo que invigoriza a eses homes e esas mulleres que loitan arreo para saír do burato.  -Hey!  -saúdame Cristián pola rúa-  estou traballando nunha hípica; acabei o Programa; o temático con Chicho, deume folgos para saír adiante. Chicho é un actor televisivo moi popular; falou da perseverancia para atopar un oco laboral.

Proxecto Home  está integrado nun marco internacional e ven sendo unha iniciativa da Igrexa Católica con presenza en vinte países do mundo. Os convidados aos ‘temáticos’ sábeno e entenden que cada velada dominical envolve algunha obra de misericordia das que recolle o Compendio do Catecismo da Igrexa Católica: ensinar, consolar, visitar.

Un lugar de onde todos saímos contentos

E qué pinta esa testemuña na páxina do Opus Dei en Galiza? Levo anos na Obra e aprendín que a vida cristiá inclúe sensibilidade cara as necesidades alleas e colaboración para palialas. Agora, xubilado e con tempo libre atopo, na colaboración co Proxecto Home, un espazo de servicio de onde saímos todos contentos: os charlistas invitados, os residentes de As Cernadas e eu mesmo, a maiores. Faise boa cousa con ingredientes fáciles de acadar.

  • Mario Clavell