Solidariedade galega en Uganda

Un grupo de mozos colabora na construcción dunha escola en Kampala

Universitarios en Uganda

Catorce universitarios acaban de regresar de Uganda onde puxeron en marcha un programa de apoio á educación, coa construción e conservación de escolas na zona de Kito, no suroeste de Kampala. O campo de traballo está promovido e organizado polo colexio maior A Estila e a oenegué ugandesa Kelim Foundation, e durante tres semanas os mozos conviviron con outros de Uganda que realizaron diferentes obras de construción e acondicionamento de escolas infantís. Os beneficiarios son unhas cen familias e 400 nenos do distrito, aínda que de modo indirecto beneficiará a oito mil persoas entre nenos, novos e mulleres desa zona próxima a Kampala. O grupo de voluntarios está integrado por Hanjo Kollmann, Jaime Cárdenas, Daniel Núñez, Benito Vilas, Carlos Fernández Blanco , Víctor Chil, Eduardo Codesido, Javier Urrutia, Pedro Díaz, Víctor Santiso, Rubén Corral , Pablo Maciñeiras e Nicolás Matovelle. Seguro que ademais de axudar, tamén gozaron e aprenderon da súa estancia en Uganda.

MARÍA GONZÁLEZ // La Voz de Galicia