Solidaridade galega en Guatemala

O Colexio Maior La Estila organizou por segundo ano consecutivo un campo de traballo solidario en Guatemala.

Nenos participantes no programa

Este proxecto no que participaron universitarios de diversas nacionalidades enmarcase dentro da iniciativa organizada por este Colexio Maior adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, denominada “Programa de Formación de Líderes Solidarios” que se celebrou entre os 8 e 31 de xullo.

A actividade consistiu na realización dun “Campo de traballo itinerante” que visitou cada día diferentes comunidades indíxenas onde se realizaron distintas accións solidarias.

Os participantes pasaron varias semanas na zona rural de Tecpán (Chimaltenango-Guatemala-) poñendo en marcha en colaboración coa Fundación guatemalteca FUDI (Fundación para o Desenvolvemento Integral) programas de: 

“O que máis me impresionou foi ver como alí a xente con moi pouco é moi feliz, algo que se nota especialmente nos nenos: cunha simple pelota gozan como ninguén".

 ·        Reforzo escolar. Os voluntarios realizaron diferentes actividades itinerantes dirixidas fundamentalmente a nenos e nenas de entre 8 e 13 anos.

·        Saude e hixiene pública. Desenvolveron unha campaña de información sobre temas sanitarios, que consistiu en clases sobre as principais enfermedades por transmisión máis común na zona, tales como parasitismo, diarreas, infeccións respiratorias e enfermidades da pel.

·        Reparacións en escolas indíxenas. Contribuíron a mellorar as condicións materiais dalgunhas das escolas que visitaron realizando pequenos arranxos e pintando as instalacións.

 

Esta zona de Tecpán atópase situada a 88 Km. da cidade de Guatemala. A súa poboación estimada é de 50.000 habitantes, dos que o 80% son indíxenas que falan o idioma kaqchike. Respecto ao nivel de educación o 36% da poboación maior de 15 anos non sabe ler nin escribir.

 

Na área da saúde, as principais enfermidades están ocasionadas pola falta de hixiene, e problemas bronquiais polo clima da rexión. A taxa de mortalidade infantil atópase entre os 49 e 51 por cada 1.000 nados vivos. Con todo, as estatísticas mostran que nalgunhas aldeas esta taxa é superior aos 100 por cada 1.000 nados vivos.

Participaron neste proxecto solidario estudantes de diferentes nacionalidades que teñen en común a súa relación co Colexio Maior La Estila. Concretamente foron os universitarios vigueses Rafael Rodríguez, Ricardo Barrilero e Alex Roura, os estudantes de Brasil Chico Junqueira e Eduardo Tatai, Benito Vilas, de Bueu, Cristóbal Moreno, de Madrid, Sergio Moreno Mejías de O Salvador, e Mojmir Freck, da República Checa. O grupo estaba encabezado polo Director do Colexio Maior Jaime Cárdenas e o Capelán D. Javier Izko.

Segundo Jaime Cárdenas, director do proxecto e do Colexio Maior La Estila “este tipo de actividades contribúen decisivamente a crear nos participantes unha maior conciencia solidaria e desexos de transformar o mundo desde as súas responsabilidades profesionais”.

Os participantes comentaban emocionados ao seu regreso que viviran unha das experiencias máis importantes e intensas da súa vida e que se tivesen ocasión non dubidarían en repetila.

Para eles o máis gratificante foi o sorriso dos nenos das aldeas que visitaban.

A todos resultáballes moi significativo que dentro da gran pobreza na que vivían as persoas ás que atendían estas notábase que eran realmente felices, ademais de moi agradecidas e hospitalarias, xa que se ofrecían rápidamente a compartir o pouco que tiñan, o que lles parecía sen dúbida toda unha lección.

 

Un dos participantes, un mozo que comeza este curso 5º de Dereito Económico, dicía que

“O que máis me impresionou foi ver como alí a xente con moi pouco é moi feliz, algo que se nota especialmente nos nenos: cunha simple pelota gozan como ninguén. Cando falamos de pobres, con frecuencia imaxínasche a persoas infelices, pero este verán puidemos comprobar que non é certo”