San Xosemaría nun simposio sobre peregrinos ilustres a Santiago de Compostela

A Asociación Cultural Porta do Camiño organizou no Instituto Teolóxico Compostelano un congreso sobre catro figuras históricas que peregrinaron a Compostela en diversos momentos da historia: Santa Bríxida de Suecia, Santa Isabel de Portugal, San Xosemaría Escrivá e o Papa Xoan Paulo II.

Porta Itineris en Santiago de Compostela

Catro ilustres peregrinos a Compostela que realizaron o seu percorrido en épocas moi diferentes son obxecto dun interesante simposio en Santiago. Santa Bríxida, o fundador do Opus Dei San Xosemaria Escrivá, Santa Isabel de Portugal e Xoan Paulo II son o eixe dun congreso que organizouse no Instituto Teolóxico Compostelano por conta da Asociación Cultural Porta do Camiño, e no que participan destacados especialistas na materia.

A apertura do simposio internacional Grandes Protagonistas da Peregrinación a Compostela tivo lugar o pasado 20 de abril, coa presentación a cargo do secretario da Asociación Social e Cultural Porta do Camiño, José MarÍa Santana, e a primeira conferencia a cargo de Benito Geldart, máster en Historia pola Universidade de Estocolmo, que versou sobre a copatroa de Europa, Bríxida de Suecia.

D. Manuel Cociña presentado a Luis Cano, del Instituto Histórico San Josemaría

A Santa, canonizada a finais do século XlV, foi unha relixiosa católica, mística, escritora e teóloga sueca, e iniciou a súa peregrinación a Compostela en 1341, acompañada do seu marido. Conseguiu completar o percorrido en tempos tan difíciles, e regresar ao seu fogar. Posteriormente viaxou tamén a Terra Santa, e fundou a Orde do San Salvador.

Preto de tres anos inverteron en realizar o percorrido de Suecia a Santiago e a volta, e a punto estiveron de non o completar. Na localidade francesa de Arrás, Ulf, esposo de Bríxida, estivo gravemente enfermo, pero unha noite San Dionisio apareceuse e aseguroulle á santa que non morrería nese lance, como asi foi.

Durante esa tarde tamén se analizou a figura de San Xosemaría cunha conferencia que correua cargo de Luis Cano, secretario do Istituto Storico san Josemaría Escrivá, de Roma.

O fundador do Opus Dei estivo en Santiago en varias ocasións, a primeira delas nun Ano Santo moi especial, en plena Guerra Civil. 1938 non era Xacobeo, pero a consecuencia da contenda prolongouse o de 1937, debido ás dificultades que entrañaba facer o Camiño en pleno conflito.

Imaxe de San Xosemaría na Porta Itineris

Ao día seguinte continuaron os traballos cun novo relatorio, neste caso a cargo de Francisco Singul, doutor en Historia da Arte e xefe do Servizo de Exposicións da Sociedade de Xestión do Xacobeo, quen falou no instituto sobre Santa lsabel de Portugal, peregrina xacobea,

A Rainha Santa, como se conocia á monarca portuguesa, peregrinou a Compostela no ano 1325 polo Camiño de Pontevedra, a lombos dunha mula ricamente aproveitada. Ese ano enviuvara do seu esposo, e tras renunciar ás súas posesións, decidiu ingresar na orde das Clarisas en Santarem.

Posteriormente, Juan Vicente Boo, xornalista do ABC e director executivo de Rome ReportsT V News Agency, pronunciou unha conferencia titulado Xoan Paulo II, o Papa peregrino , recordando as dúas ocasións nas que Karol Wojtyle estivo en Composteia, a primeira no Ano Santo de 1982, e despois na Xornada Mundial da Xuventude, en 1989.

O motivo de inspiración do congreso foi a Porta Itineris Sancti Iacobi , escultura situada na entrada de Santiago polo Camiño Francés, Está escultura, inaugurada no anterior Ano Santo de 2004, dá a benvida aos peregrinos.Para os relatorios elixiuse un personaxe de cada unha das caras do monumento.