Pregar a Mons. Álvaro del Portillo

Oración para a devoción privada

Mons. Álvaro del Portillo

Deus Pai misericordioso, que concediches ao teu servo Álvaro, Bispo, a graza de ser Pastor exemplar no servizo á Igrexa e fidelísmo sucesor de San Xosemaría, Fundador do Opus Dei: fai que tamén eu saiba responder con fidelidade ás esixencias da vocación cristiá, convertindo todos os momentos e circunstancias da miña vida en ocasión de amarte e de servir ao reino de Xesucristo: dignate glorificar ao teu servo Álvaro, e concédeme pola súa intercesión o favor que che pido… (pídase). Así sexa.

Nosopai, Avemaría, Gloria. De conformidade cos decretos do Papa Urbano VIII, declaramos que en nada se pretende previr o xuízo da Autoridade eclesiástica, e que esta oración non ten finalidade algunha de culto público.

Prégase a quen obteña grazas por intercesión de Mons. Álvaro del Portillo, as comunique á Postulación da Causa, viale Bruno Buozzi 75, 00197 Roma. Con licenza eclesiástica.