Relatos e favores recibidos

Acudir en caso de necesidade á intercesión de persoas con fama de santidade, é unha práctica cotián na Igrexa. Presentamos unha escolma de relatos recibidos na Oficina para a Causa dos Santos da Prelatura do Opus Dei.

Tres anos de migrañas

En novembro de 1998 comencei ter ataques de hemicrania, cousa que nunca antes padecera. O primeiro ano adoitaba ser unhas 4 ou 5 veces por mes. Despois empeorou e aumentou a unhas dez veces por mes. Declaráronme incapaz e déronme de baixa para parte do meu traballo.

 

En setembro de 2001 as dores foron aínda máis fortes: en novembro tiña hemicrania cada dous días e comezaron os trámites para declararme totalmente incapaz para o traballo.

De acordo co médico da empresa, decidiuse que deixara de traballar, porque mesmo as dúas horas en que o facía supuñan moito esforzo para min. Cada vez que padecía eses ataques tomaba unha mediciña que me alixeiraba a dor, pero que me facía sentir moi mal. Sen saber que facer comecei en novembro unha novena a Deus, coa estampa de D. Álvaro. Durante as dúas primeiras semanas non obtiven a curación, pero sí a “curación espiritual” de dúas amigas, algo que me daba consolo e forzas.

 Ao día seguinte de remata-la terceira novena, o 12 de decembro, festa de Nosa Señora de Guadalupe, foi o derradeiro ataque de dor. Agradezo esa curación milagrosa e repentina, despois de tres anos, á intercesión de D. Álvaro del Portillo. M.S., Utrecht (Holanda)

 

O traballo

Mesmo con dous títulos, un de Economía e outro de Licenciada en Administración, non atopaba traballo con todo ter solicitado emprego, enviado currícula e acudido a entrevistas en varias empresas. Conteille a miña situación a unha tía. Ela entregoume varias estampiñas de D.Álvaro del Portillo e díxome: espállaas e prégalle con fe.

Fíxeno así e cal non foi a miña sorpresa cando de contado soou o celular: era unha amiga para dicirme que un amigo dela que eu non coñecía necesitaba con urxencia un administrador de máxima confianza. Comunicámonos, tiven unha entrevista e, á semana, xa estaba traballando. Estou supercontenta co meu traballo e quero dar constancia do favor recibido. L.G.P. Maracaibo (Venezuela).