Que tipo de apostolado desenvolve o Opus Dei?

O principal apostolado que realizan os fieis da Prelatura do Opus Dei é o que cada un leva a cabo no seu propio ambiente, sen formar grupo, como expresión natural e espontánea do seu compromiso cristián. O apostolado ennobrece os vínculos de amizade: un bo cristián esfórzase por ser un bo amigo, sincero e leal. Ademais, como froito do desexo do contribuir á solución dos problemas do seu contorno e de axudar aos máis necesitados, os fieis do Opus Dei, con moitas outras persoas, promoven iniciativas educativas e asistenciais: escolas, hospitais, centros de formación profesional, universidades… Son entidades moi variadas, que teñen a personalidade propia do país e da cultura na que nacen.