Que actividades desenvolve o Opus Dei?

axudar a vivir as ensinanzas do Evanxeo e do Maxisterio da Igrexa...

O Opus Dei proporciona aos seus fieis a atención pastoral e os medios de formación que lles axudan a levar a súa misión no mundo. Tamén ofrece medios de formación a quen teñan interese en afondar nas esixencias da fe. A Prelatura organiza clases, charlas, días de retiro, medios de dirección espiritual, etc., para dar a coñecer e axudar a vivir as ensinanzas do Evanxeo e do Maxisterio da Igrexa. Os medios de formación -para homes e para mulleres por separado- organízanse en horarios e lugares compatibles co cumprimento dos deberes familiares, profesionais e sociais dos asistentes.