Por unha xuventude solidaria

Mércores de novembro no colexio maior Arosa de Santiago de Compostela. Son as 10.00 da mañá e xa hai un grupo de voluntarias dispostas a participar nun encontro solidario: "Por unha xuventude solidaria. Libertade, compromiso e sociedade".

Grupo de voluntarias e voluntarios no salón de actos da Facultade de Dereito

Así se chamou á Xornada organizada por Cooperación internacional na facultade de Dereito da Universidade de Santiago o mércores 18 de novembro de 2009. 

O comezo foi un diálogo con Miguel Aranguren, escritor e Pilar Soto, xornalista e actriz. Ambos contaron seus testemuños no mundo da cultura. O noso traballo foi moi sinxelo: recoller as preguntas que lles formulaba a multitude de xente nova alí reunidos. Algunhas participaron como portavoces das preguntas que xurdían no público. Desta primeira sesión xurdiu moito debate no colexio maior: mil opinións sobre o significado de ser coherente no traballo, que significa o prestixio e a fama nunha muller, etc. Pero a cousa foi in crescendo coa intervención de Alejandra Vallejo-Nájera. Deunos unha sesión sobre a escola da familia. Creo que todos estabamos escépticos ao comezo, pero se convertiu nun auténtico obradoiro de coñecemento persoal, do que nos quedamos con algunhas frases para o noso taboleiro: “motívate ti e xa veras cómo cambian as cousas”, “tes a oportunidade de ver dentro, onde un da o que ten” “a felicidade depende da miña actitud” “tes de todo: faino crecer” Un reto que desde logo foi aplaudido.

Rapazas do Colexio Maior Arosa xunto a Arantxa Quiroga

Pola tarde interviu Jose Mª Villalón, médico do Atlético de Madrid, que nos animoou a traballar duro por conseguir as nosas metas. O final da xornada foi un berro de libertade de parte de Arantza Quiroga, presidenta do Parlamento vasco, quen nos animou a ser “unha xuventude crítica, amante da libertade”, cunha “preocupación pola formación académica con capacidade de ver máis alá, como guardiáns para facer preguntas” cun esforzo que implique creatividade intelectual e non só activismo de marketing” Un día onde a solidaridade, os valores e a reflexión deixaron pegada nas tertulias do colexio maior Arosa.