Poden pertencer ao Opus Dei os sacerdotes seculares?

empéñanse en vivir profundamente unidos ao propio Bispo e aos demais sacerdotes...

Cuestións frecuentes

Os cregos seculares xa incardinados nunha diócese non poden pertencer á Prelatura, pero poden formar parte da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, asociación indisolublemente unida á Prelatura. Ao incorporarse á Sociedade da Santa Cruz non ven modificada a súa condición diocesana: seguen a pertencer plenamente ao clero da súa propia diócese e dependen do seu Bispo, coma antes. Comprométense a buscar a santidade no exercicio do traballo sacerdotal, segundo o espíritu do Opus Dei, e en particular empéñanse en vivir profundamente unidos ao propio Bispo e aos demais sacerdotes.