Pedro Duque: "Non ten fundamento dicir que o home non pisou a Lúa"

O primer astronauta español e actual director xeral de Delmos Imaging estivo en Vigo cos mozos participantes na actividade de Xoves Científicos da Asociación Xuvenil Doira.

Do Opus Dei

O primeiro astronauta español, Pedro Duque -Miguel López Megría ten nacionalidade estadounidense-, acudiu onte pola tarde a dar unha conferencia no congreso da Sociedade Española de Nutrición para falar de innoyación e de alimentación no espazo. Tras solicitar unha excedencia na Axencia Espacial Europea (ESA), Duque é o director xeral da empresa Deimos Imaging, unha compañía cen por cento española, promovida por Eleenor, que vai lanzar un satélite.

- ¿Cándo van lanzar o satélite?

- En xullo, dende Rusia. Vai ser o primeiro satélite español de observación da Terra. Hai outros satélites españois, pero dedicados ás telecomunicacións, como Hispasat.

- ¿Qué labores vai ter?

- Este satélite enviará información sobre o estado dos bosques, non solo da Amazonia, senón doutros bosques europeos. Pode transmitir información contínua sobre o estado de diversas plantacións de grandes terratenentes. Por exemplo, se unha persoa ten moitas extensións de eucaliptos pode coñecer se están a producirse incendios ou como se rega cada terreo.

- Adquirírono, ¿canto lles custou?

- Trinta millóns de euros.

- Por agora os satélites hai que compralos fora.

-O noso foi ensamblado en Inglaterra, pero ten pezas fabricadas en Suecia e Italia. Esperemos que tamén se poidan fabricar satélites en España.

- ¿Cántos clientes ten o proxecto?

- A Unión Europea quere coñecer o estado dos seus bosques. As Nacións Unidas tamén

teñen interese. Agora vai celebrarse a conferencia sobre o cambio climático e os países participantes queren cuantificar con exactitude o estado das súas masas forestais para poder recibir diñeiro a cambio pola loita contra o quentamento global.

-¿Ten fundamento sólido a coñecida lenda urbana de que o home non pisou a Lúa?

-Non ten fundamento nin sólido nin líquido. A estación de Robledo de Chavela, que transmitiu as imaxes de televisión, estaba enfocada hacia a Lúa. Os astronautas trouxeron po lunar e aprendemos moitas cousas. En Estados Unidos cada cinco anos sae alguén na televisión negándoo, e cobrando por iso. Non hai que crelo. É bastante aburrido rebater unha e outra vez o do vento da bandeira e a sombra. Son argumentos estúpidos.

"Se existen os marcianos, non viñeron por aquí"

Pedro Duque mantivo dous coloquios con alumnos do colexio Montecastelo, un con estudantes de secundaria e outro con de primaria. Un dos rapaces preguntoulle: «Viu algunha cousa estraña por aí?» «Se te refires a marcianos, non. Se existen non viñeron por aquí), contestou Duque.

O astronauta, que realizou a súa primeira misión espacial no transbordador Discoveryen 1998, explicou que a sensación de ingravidez é o máis parecido a estar a caer, polo que cando espertaban na estación espacial tiñan a sensación de precipitarse cara ao baleiro. A volta á Terra tamén require a súa adaptación, porque «ao principio pésache todo moito, os brazos, a cabeza e non tes equilibrio. Se pechas os ollos estando de pé, caes».

Duque tamén comentou as peculiaridades da alimentación con produtos deshidratados e falou dos diferentes traxes que se usan no espazo: «Arriba hai que usar calcetíns porque os pés se arrefrían moito».

O directivo da empresa de enxeñaría aeroespacial tamén se reuniu cos membros da Asociación Xuvenil Doira, que lle explicaron no Club Financeiro o prototipo de avión non tripulado para detectar incendios no que están traballando.

  • Luis Carlos Llera/La Voz de Galicia