Palabras do Prelado do Opus Dei

Mons. Xavier Echevarría agradece a Bieito XVI "o seu rico e fecundo Maxisterio, e tamén o seu exemplo humilde e xeneroso de servizo á Igrexa e ao mundo".

A Igrexa sente hoxe unha especial necesidade de agradecer a Bieito XVI o seu rico e fecundo Maxisterio, e tamén o seu exemplo humilde e xeneroso de servizo á Igrexa e ao mundo.

Neste momento singular da historia da Igrexa, os fieis da Prelatura -sacerdotes e laicos- rezamos pola Persoa e polas intencións de Bieito XVI; e, unidos ao Papa e a toda a Igrexa, pedimos ao Espírito Santo que derrame a súa graza en abundancia sobre o pobo de Deus e os seus Pastores.

Xunto a Bieito XVI invocamos especialmente a axuda do Paráclito para o futuro Romano Pontífice.

+ Mons. Xavier Echevarría

Prelado do Opus Dei