Palabras do Prelado con motivo da elección do Papa Francisco

Mons. Xavier Echevarría afirma a "completa adhesión á súa persoa e ao seu ministerio, seguro de expresar así os sentimentos dos fieis -laicos e sacerdotes- da Prelatura do Opus Dei.

El Papa Francisco imparte su bendición (Foto: Intermirifica).

Para os católicos de todo o mundo é un momento de gran alegría cristiá: o noso novo Papa Francisco é o 266 sucesor de Pedro. Desde que se viu a fumata branca recibímoslle con profunda gratitude e, agora, seguindo o exemplo de Bieito XVI, manifestámoslle incondicional reverencia e obediencia. E tamén o noso agarimo e as nosas oracións, en continuidade coas que rezamos co Papa na súa primeira aparición desde a Logia das Bendicións da Basílica de San Pedro.

Nesta hora de emoción, na que se toca a universalidade da Igrexa, reafirmo ao novo Romano Pontífice unha completa adhesión á súa persoa e ao seu ministerio, seguro de expresar así os sentimentos dos fieis -laicos e sacerdotes- da Prelatura do Opus Dei. Todos nos encomendamos ás oracións da súa Santidade, para contribuír eficazmente, con dispoñibilidade alegre, á tarefa de evangelización que o Papa mencionou no seu primeiro saúdo á Igrexa. 

Nestas semanas de espera serena, falouse moito da carga que pesa sobre os ombreiros do Santo Pai. Pero non esquezamos que o Papa conta coa axuda de Deus, coa asistencia do Espírito Santo e co afecto e a pregaria dos católicos, e de millóns de persoas de boa vontade.

Como aconsellou sempre San Xosemaría Escrivá, rogo ao Señor hoxe moi especialmente para que todos os cristiáns teñamos "unha mesma vontade, un mesmo corazón, un mesmo espírito: para que «omnes cum Petro ad Iesum per Mariam!» -que todos, ben unidos ao Papa, vaiamos a Xesús, por María" (Forxa, 647).

+ Xavier Echevarría 

Prelado do Opus Dei