Os valores nos deportistas olímpicos

O Colegio Mayor Arosa de Santiago, celebrou a IX Edición do Curso de Cinema. Este ano centrouse nos valores olímpicos

Do Opus Dei

A IX Edición do Curso de Cinema no Colegio Mayor Arosa, tivo como protagonista o Deporte, en concreto as Olimpíadas do 2012 en Londres. Ao longo do curso visitaron o Colegio Maior medallistas olímpicos galegos que obtiveron medallas tanto nas modalidades de deporte feminino e masculino, nas Olimpíadas e tamén nas Paralimpiadas.

As chicas de ouro estiveron no Arosa

Este curso, recoñecido cun crédito de libre configuración pola Universidade de Santiago, foi dirixido polo prestixioso profesor Ángel Hueso. O interesante ciclo de cinema e deporte que se celebra no compostelán maior Arosa (rúa Laverde Ruiz) alcanzou un dos seus puntos álxidos grazas ao protagonismo das regatistas que tanto nos fixeron gozar nos pasados Xogos Olímpicos de Londres: as galegas Tamara Echegoyen e Sofía Toro e a súa prima irmá Ángela Pumariega. Nas distintas sesións cinematográficas os asistentes puideron gozar de curiosas reportaxes sobre os seus adestramentos e xestas, que culminaron ao converterse en mozas de ouro na capital británica. O profesor da USC Javier Garbayo, falou sobre a música nos Xogos Olímpicos. Tamén houbo documentais para dar e tomar.

Juan Antonio Saavedra (Pontevedra, 1973)

Cando se enfronta a unha competición, o seu obxectivo é gañar. Pero o tirador paralímpico, medalla de prata en Londres 2012, di que unha cousa é o espírito de superación e outra diferente a obsesión. Onte falou sobre o valor do esforzo no Colegio Mayor Arosa e dixo que o feito de gañar "é unha maneira de recoñecer que o que estás a facer está ben, é o resultado final dun esforzo". E aínda que uns xogos olímpicos poden ser o escenario máis visible, insiste en que a satisfacción persoal tense igual, independentemente do tipo de competición á que se enfronte un atleta. "Hai xente -indica- disposta a gañar a calquera prezo, pero non todo o mundo está disposto a iso". Neste sentido, insiste en que o que uno non pode facer é enganarse a si mesmo porque no fondo, un atleta compite contra moitos, si, pero sobre todo, contra si mesmo. O espírito de superación como actitude persoal é algo que Saavedra aconsella aplicar a calquera orde da vida.