Olla a túa cidade

Alumnas do ciclo superior do Colexio Aloya de Vigo, finalista galego do concurso da Obra Social La Caixa

Do Opus Dei

Un grupo de alumnas do ciclo superior de Administración e Finanzas do Colexio Aloya de Vigo quedou finalista galego na categoría de 18 a 25 anos do concurso “Olla a túa cidade dende outra prespectiva”.

Esta iniciativa ten como finalidade facer un intercambio interxeracional entre mozos e maiores. Para elo traballouse en dúas direccións: a primeira mediante visitas semanais a centros da terceira idade e a segunda mediante a asistencia a aldeas galegas do noso entorno para realizar labores asistenciais, de entretenemento e compañía, así como descubrir o medio rural galego e plasmar ditas vivencias nunha publicación.

As alumnas acudiron semanalmente ao Asilo das Irmáns dos Ancianos Desamparados (en Alcabre-Vigo) e alí desonvelven non só actividades asistenciais, de acompañamento e lúdicas, senon que investigan no coñecemento da cidade e os seus arredores: a sús historia, xeografía, xentes, e todo elo a través da visión e experiencia dos maiores, plasmando os seus recordos nunha publicación na que participan éstes activamente, facendo así que recuperen un merecido protagonismo que a veces parece diluido pola inmediatez da nosa época.

Tamén, cada dous meses acuden un fin de semana a un pobo do rural preto de Vigo, para redescubrir a súa historia ao través dos relatos dos anciáns que alí residen, á vez que realizan actividades propias do voluntariado. Tamén fan visitas a monumentos e zonas  rurais para coñecer mellor a cultura, as tradicións galegas, así como fomentar o respecto pola natureza e o medio ambiente. De igual maneira inclúense estos relatos na publicación.

O grupo de alumnos mantén reunións semanais no colexio coas participantes, nas que se plantexan os obxectivos a corto e longo plazo, e danse orientacións de cómo atender aos anciáns, clases de animación, de redacción e postas en común do feito esa semana. Tamén se fai unha redacción inicial da historia da cidade contada polos maiores, que éstes despois corrixen nunha posta en común que se realiza os venres para dar despois a redacción definitiva.

Formación en valores

O Centro Educativo Aloya no seu proxecto integral de educación procura a excelencia humana ademáis da académica.

Cando se propuso ás alumnas este voluntariado a resposta foi contundente: estaban dispostas a esforzarse para facer realidade este proxecto.

A formación en valores e a educación no respecto, o esforzo, a libertade e responsabilidade

seguen sendo armasactuais e necesarias para chegar a ser “persoas”.

No colexio lévanse a cabo outras actividades deste tipo: as alumnas do ciclo superior de Restauración de Hostelería a través de cursos forman a inmigrante como camareiros.

  • Faro de Vigo. A Escola do Faro