Obradoiro de cociña solidario

O sábado 10 de outubro no Centro Comercial Gran Vía, as asociadas de Aboal fixeron de grandes chef dando clase a nenos da Asociación Síndrome de Down Vigo

Do Opus Dei

A Asociación Aboal de Vigo ven realizando obradoiros e concursos de cociña dende fai tempo. Pero esta vez o obradoiro tiña unhas dimensións especiais pois as propias mozas fixeron de monitoras cos nenos da Asociación Síndrome de Down Vigo.

O pasado 10 de outubro, de 17.30 a 19.30 h. da tarde, as gañadoras e participantes do concurso de cociña de Aboalchef 2015, tiveron a oportunidade de impartir unha clase de cociña a 20 nenos e nenas da Asociación Síndrome de Down Vigo, no Centro Comercial Gran Vía de Vigo.

A actividade consistiu en elaborar unhas trufas de chocolate e decorar unhas cup-cake. Cadaquén con cadanseu delantal e gorros, coas máns na masa, gozaron dunha tarde inesquecible.



Os nenos down demostraron a súa capacidade de aprendizaxe ao tempo que se divertían e as rapazas da Asociación Aboal demostraron a súa capacidade de ensinar e facer felices aos demais.

Vídeo: Recollemos a reportaxe Obradoiro-Cociña publicado na TVG