Mons. Echevarría chegou o martes ao mediodía procedente de Portugal para pasar unhas horas en Santiago de Compostela. Tratábase dunha viaxe que tiña como finalidade gañar o Xubileu na Catedral compostelana seguindo os pasos de Benedicto XVI, e ao que acudiu "co mesmo espírito" que San Josemaría Escrivá, que peregrinou a Santiago no ano 1938.
Tras gañar o Xubileu na Catedral e cumprir co abrazo ao Santo, tiveron lugar dous encontros con fieis do Opus Dei no Colexio Maior A Estila, co fin de impulsar as distintas iniciativas apostólicas, educativas, asistenciais, etc., que o Opus Dei desenvolve para todas as persoas en Galicia e en moitos lugares do mundo.
Alí animounos a ser moi optimistas e non se desanimar ante as dificultades: "Veño aquí para agradecervos o que facedes e para que saibades que nunca estades sós". E engadiu explicando que é o Opus Dei: "Trátase de santificar a vida ordinaria. ¿Santificámola? ¿Cada día empeñámonos en facer ben a oración, en ser puntuais no traballo, en responder amablemente cando esteamos cansos, en buscar o xeito de servir ás outras persoas? Iso é facer o Opus Dei na vida corrente".
Ao redor de 1.000 persoas puideron estar neses encontros co Prelado da Obra.
Mons. Javier Echevarría visitou Galicia en 1995. Naquela ocasión tivo lugar un encontro con máis de 13.000 persoas no Coliseum de A Coruña, ademais de participar noutras actividades en Santiago e inaugurar unha Casa de Convivencias en San Pantaleón dás Viñas. No ano 1999 tivo lugar a súa última visita que, como nesta ocasión, tivo un carácter máis privado.