O Prelado do Opus Dei confire a orde sacerdotal a dous galegos en Roma

Mons. Javier Echevarría conferiu o pasado 8 de maio a ordenación sacerdotal a 32 diáconos da Prelatura do Opus Dei, procedentes de 14 países, entre os que se encontraban dous galegos procedentes de A Coruña e Pontevedra. A celebración tivo lugar na basílica romana de San Euxenio.

Do Opus Dei

Os galegos que recibiron a orde sacerdotal son José Juan Sánchez González-Dans , de A Coruña, e Emilio Vázquez Gestal , de Pontevedra. Ambolos dous levan varios anos preparándose estudiando teoloxía en Roma.

Durante a homilía, o bispo consagrante recordou que "a divina misericordia deposita grandes tesouros nas mans dos sacerdotes . Con esas mans toman o pan e o cáliz co viño, que se converterán no Corpo e o Sangue de Cristo".

"Con esas mesmas mans -continuou o prelado do Opus Dei- impártenos os sacerdotes perdón divino no sacramento da Reconciliación e ungen aos enfermos cos santos óleos. Con esas mans bendicen as iniciativas apostólicas dos seus irmáns na Igrexa, ofrecen unha axuda fraterna aos necesitados, e expresan o seu desexo de servir a todos, sen excepcións de ningunha clase".

Mons. Echevarría dirixiuse así aos novos presbíteros: "A vós, fillos meus, que estades a punto de convertervos en presbíteros, dígovos: permanecede sempre moi preto do Señor por medio da oración e do sacrificio. Procurade cumprir con amor, cada día, os vosos deberes ministeriais. Frecuentade a, Xesucristo non só no momento da celebración eucarística, senón ao longo de toda a xornada. Sede moi devotos da Virxe, a nosa Nai, e de San Xosé. Imitade o exemplo de San Xosemaría, o noso queridísimo Padre, e así sempre estaredes ben custodiados nas mans de Xesús".

O Bispo exhortou os familiares e amigos dos novos presbíteros, e a todos os presentes na celebración a "pedir ao Señor que faga verdadeiramente santos estes e os demais sacerdotes do mundo enteiro: acompañémolos de preto coa nosa oración e co noso sacrificio".

Ao concluír a celebración, Mons. Echevarría animou a todos a unirse en oración filial polo Papa, polo Cardeal Vicario de Roma e polos Bispos do mundo enteiro, e transmitiu a bendición de Bieto XVI para os 32 ordenandos.