O Bispo de Mondoñedo-Ferrol presidiu a concelebración na festividade de San Xosermaría

O pasado xoves, 26 de xuño, festividade de San Xosemaría Escrivá, ás 20.30 h. tivo lugar na Concatedral de San Xulián de Ferrol unha Solemne concelebración Eucarística presidida por S.E.R. Mons. Manuel Sánchez Monge, Bispo da diócese.

Entre outros sacerdotes, concelebrou D. Antonio Rodríguez Basanta, Vicario xeral da dióceses e D. Borja de León González, Vicario para Galicia da prelatura do Opus Dei. Ao terminar a concelebración, os fieis poideron venerar as reliquias do san Xosemaría.

Neste ano cumpriuse o 25 aniversario da erección do Opus Dei como Prelatura Persoal e o próximo 2 de octubre será o 80 aniversario da súa fundación.

Na súa homilía, Mons. Sánchez Monge destacou as personas, de todas as condición socias que seguiron a San Xosemaría: “Como por contaxio, acende en eles o desexo de poñer a Cristo na entraña de todas as actividades humanas mediante un traballo santificado, santificante e santificador”.