Novo libro do prelado do Opus Dei

En "Vivir a Santa Misa", Mons. Echevarría propón un itinerario espiritual que segue de preto o desenvolvemento dos ritos litúrxicos e ofrece materia de meditación sobre a Santa Misa.

A editorial Rialp acaba de publicar un novo libro, escrito polo prelado do Opus Dei, no que Mons. Xavier Echevarría segue de preto o desenvolvemento dos ritos litúrxicos e ofrece materia de meditación sobre a Santa Misa.

«Publico estas páxinas co afán de secundar as recomendacións do Romano Pontífice, mentres suplico á Trinidade, por intercesión da Santísima Virxe, que produzan un efecto saudable nos lectores,», sinala o autor na presentación.

O prelado do Opus Dei expresa tamén o seu desexo «de axudar a facer realidade -en min mesmo e noutras moitas persoas- a grande aspiración San Xosemaría Escrivá de Balaguer de: "Ante todo, temos que amar a Santa Misa que debe ser o centro do noso día. Se vivimos ben a Misa, ¿como non continuar logo o resto da xornada co pensamento no Señor, coa comezón de non nos apartar da súa presenza, para traballar como Él traballaba e amar como Él amaba?"».

Mons. Xavier Echevarría publicou outros libros como Itinerarios de vida cristiá; Para servir á Igrexa; Getsemaní; Eucaristía e vida cristiá; Por Cristo, con Él e en Él; e, Memoria do Beato Josemaría Escrivá.