Nomeamentos do Vigairo auxiliar e do Vigairo xeral

O Prelado do Opus Dei nomeou a Mons. Fernando Ocáriz como Vigairo auxiliar e a Mons. Mariano Fazio como Vicario xeneral da Prelatura do Opus Dei.

O Prelado (dereita) co novo Vigairo auxiliar (esquerda).

Conforme coa posibilidade prevista nos Estatutos da Prelatura, o Prelado do Opus Dei, Mons. Xavier Echevarría, nomeou a Mons. Fernando Ocáriz (nacido en París o 27 de outubro de 1944) Vigairo auxiliar, coa potestade executiva necesaria para o goberno da Prelatura, incluíndo as competencias reservadas ao Prelado, excepto as que requiren o exercicio da orde episcopal. A figura do Vigairo auxiliar está establecida polo dereito nos números 134 §1 e 135 do Codex iuris particularis Operis Dei, que foi promulgado por san Xoán Paulo II coa Constitución Apostólica Ut sit, o 28 de novembro de 1982.

No decreto do nomeamento, datado o 9 de decembro, o Prelado expón que "a extensión do labor apostólica da Prelatura e o crecemento do número de circunscricións rexionais, de centros e de labores cuxa atención pastoral está confiada ao Opus Dei levaron consigo un aumento do traballo de goberno que corresponde ao Prelado". Por iso -engade- "tendo en conta tamén a miña idade, vexo conveniente proceder ao nomeamento dun Vigairo auxiliar".

Para substituír a Mons. Fernando Ocáriz no seu cargo de Vigairo xeral da Prelatura, Mons. Xavier Echevarría nomeou -co voto deliberativo do seu Consello xeral- a Mons. Mariano Fazio, até agora Vigairo do Opus Dei en Arxentina, Paraguai e Bolivia. Mons. Fazio naceu en Buenos Aires o 25 de abril de 1960.
Ao comunicar estes nomeamentos, o Prelado pediu aos fieis do Opus Dei, e a todas as persoas que participan nas actividades pastorais da Prelatura, oracións para dar un renovado dinamismo apostólico ao labor do Opus Dei, ao servizo da Igrexa e de todas as almas.