Misas por D. Álvaro del Portillo

O 23 de Marzo cúmprese un novo aniversario do falecemento de D. Álvaro del Portillo. Celebraráse, nas principais cidades de Galicia, unha santa Misa na súa memoria.

D. Álvaro del Portillo participou no Concilio Vaticano II así como nalgunhas das súas comisións preparatorias e foi nomeado para varios cargos de responsabilidade na Santa Sé polos papas Pío XII, Xoán XXIII, Pablo VI e Xoán Paulo II. Fiel colaborador de San Xosemaría Escrivá durante case corenta anos, foi o seu primeiro sucesor á fronte do Opus Dei (1975-1994).

O seu labor pastoral caracterizouse pola fidelidade ao Fundador e á súa mensaxe. Xoán Paulo II conferiulle a ordenación episcopal en 1991. No seu proceso de canonización concluíuse a fase no Vicariato de Roma e presentado a positio.

Con motivo do aniversario da súa morte, celebraráse, nas cidades galegas máis representativas, unha Misa na súa memoria.

Misas, en Galicia, na memoria de D. Álvaro:

Cidade               Lugar e hora

Santiago           S. Martín Pinario, V 23, 20.15 h.

La Coruña        S. Jorge, S 24, 13.00 h.

Pontevedra     S. José, V 23, 20.00 h.

Ferrol                S. Francisco, S 24, 12.00 h.

Ourense           Sª María Nai, V 23, 20.00 h. Vigo                   Nª Sª Fátima, V 23, 20.00 h.