Minia, paixón polo mundo rural

Entrevista a Minia, empresaria galega, que leva trinta anos traballando polo campo galego

Minia, unha muller emprendedora galega

¿Como empezaches a traballar no campo?

Nacín nun pequeno municipio rural galego. Os meus pais emigraron a Alemaña e eu comecei a estudar e logo traballar moitos anos nunha EFA (Escola Familiar Agraria) . Alí empecei a coñecer e amar o mundo rural, coas súas potencialidades e os seus problemas. Decidínme a ser un axente de desenvolvemento dese territorio rural, pois somos a propia xente do campo quen temos que contribuír ao seu progreso, pois somos o principal recurso. Estudei Xestión e Administración de Empresas e un Master de Desenvolvemento rural, e puiden realizar programas de desenvolvemento, formación e asesoramento técnico. Desde fai tres anos dedícome a unha quesería familiar e abrín unha tenda de produtos artesáns.

¿É difícil ser empresaria  no campo?

Evidentemente, sempre hai dificultades, e agora quizá mais, pero é necesario estar disposto a afrontalas, buscando solucións. Por outra banda, o traballo de desenvolvemento rural é moi gratificante e apaixóame. Cando gústache o teu traballo e pos ilusión profesional, con interese non só por gañar diñeiro senón polas persoas, é máis fácil ver as dificultades como retos que hai que superar, con iniciativa.  Ademais, sempre será necesario: a alimentación depende do campo, e somos a despensa das urbes.Alguén dixo tamén que en tempos de crise a cidade mira ao campo, buscando as súas raíces, a paz, a serenidade da natureza ¡Nós estamos sempre aquí! De todos os xeitos, en calquera lugar -do campo ou a cidade- fai falla sentir o arraigamento, a identidade, a familia, relacións sociais cordiais, etc. As présas da cidade poden dificultar ás veces unhas relacións máis próximas, aínda que faciliten outros aspectos. Podemos axudarnos mutuamente. Hai anos aumentou o despoboamento e hoxe produciuse unha volta ao campo, para emprender novas empresas ou como forma de vida sa.

"Na tenda, ademais de vender os produtos, temos actividades complementarias para difundir o saber popular e a cultura gastronómica"

¿Estás en contacto con outros empresarios?

Si. Formo parte da asociación de empresarios da comarca, e agora son a presidenta dunha asociación de empresarias rurais, que organizamos para promover o desenvolvemento das empresarias no mundo rural: formación, cooperación, intercambios e experiencias que nos axudan a resolver os problemas mellor.  Novas tecnoloxías, técnicas de comunicación, experiencias innovadoras, son algunhas actividades organizadas. Tamén participamos en foros sobre o papel da muller no desenvolvemento rural, conciliación familia e traballo, etc.

¿Como é un día calquera no teu traballo?

Normalmente comezo o día facendo un intre de oración e indo á Santa Misa a algún pobo próximo; logo planifico o día, pois ser autónoma ten múltiples tarefas  (proxectos, elaboración dos queixos, distribución, xestións comerciais, visitas, novas iniciativas, etc.). Procuro tamén, como outras persoas que traballan no campo, coidar o medio ambiente, e utilizar os recursos de forma sustentable, para o ben das persoas actuais e futuras.  Hai que coidar o equilibrio da natureza. É famosa a frase: "Deus perdoa sempre, o home algunhas veces, a natureza nunca". Na tenda, ademais de vender os produtos, temos actividades complementarias para difundir o saber popular e a cultura gastronómica, con sesións de cata e degustación, consumo de novos produtos (algas, novos produtos ecolóxicos...). Dúas irmás traballan comigo e así resulta posible chegar a todo.

Vou tamén algúns días a medios de formación que se imparten en Centros do Opus Dei, que me axudan a atopar a Deus na vida ordinaria, e a traballar con alegría e responsabilidade: precisamente o 2 de outubro lin na web opusdei.org unha carta do Prelado actual, dando moitas ideas para contribuír á nova evangelización que o Papa pide.

Que consellos darías a outras persoas que traballan no campo?

Que temos grandes retos que esperan a nosa creatividade. Expóñome,: se eu, que amo este territorio, non contribúo a mantelo e mellorar as condicións de vida da nosa xente, quen o vai a facer? Nós axudamos ademais así á cidade e eles axúdannos a nós, con servizos que non temos aquí?.E na era da comunicación e internet, temos moitas posibilidades de estar conectados e resolver mellor algúns problemas do pasado. O campo necesítanos, e nós necesitamos o campo.